miniatura|Distribución da precipitación por mes en Cairns, Australia. A estación das chuvias, tamén coñecida como tempada de chuvias ou estación dos monzóns, é a época do ano en que se produce a maior parte da precipitación media anual dunha rexión. Polo xeral ten unha duración dun ou de varios meses.Glossary of Meteorology (2009). Rainy season. American Meteorological Society. Consultado o 27 de decembro de 2008 O termo "estación verde" emprégase ás veces como un eufemismo polos empresarios do turismo.Costa Rica Guide (2005). When to Travel to Costa Rica. ToucanGuides. Consultado o 27 de decembro de 2008 As áreas con estacións chuviosas atópanse dispersas ao longo dos trópicos e subtrópicos principalmente no sueste e no oeste do hemisferio norte.Michael Pidwirny (2008). CHAPTER 9: Introduction to the Biosphere. PhysicalGeography.net. Consultado o 27 de decembro de 2008

Segundo a clasificación climática de Köppen, para climas tropicais, un mes de estación chuviosa defínese como un mes onde a precipitación media é de 60 mm ou máis. A diferenza das zonas con climas de sabanas e monzóns, o clima mediterráneo ten invernos húmidos e veráns secos. En cambio, as selvas tropicais non teñen estacións secas ou húmidas, xa que a precipitación se distribúe por igual durante todo o ano.Elisabeth M. Benders-Hyde (2003). World Climates. Blue Planet Biomes. Consultado o 27 de decembro de 2008 Algunhas zonas con estacións de chuvias pronunciadas sofren unha rotura na precipitación á metade da tempada cando, a mediados da estación cálida, a zona de converxencia intertropical ou vaguada monzónica móvese cara ao polo máis próximo.J. S. Oguntoyinbo & F. O. Akintola (1983). Rainstorm characteristics affecting water availability for agriculture. IAHS Publication Number 140. Consultado o 27 de decembro de 2008

O tempo tropical está dominado polo movemento do cinto de chuvias tropicais, que oscila do trópico do norte ao do sur no transcurso do ano. O cinto de chuvias tropicais atópase no hemisferio sur, entre outubro e marzo. E, durante este período, o trópico do sur experimenta unha estación chuviosa, onde a chuvia é o común. Tipicamente, a xornada iníciase calorosa e asollada, cunha subida da humidade durante o día e culminando en copiosas tormentas e chuvias torrenciais ao atardecer ou ao anoitecer. De abril a setembro, o cinto de chuvias pasa ao hemisferio norte, e entón este trópico do norte experimenta a súa estación chuviosa.

O cinto de chuvias alcanza tan ao norte como o trópico de Cáncer e tan ao sur como o trópico de Capricornio. Preto destas latitudes hai unha estación chuviosa e outra seca, anualmente. No ecuador, hai dúas estacións chuviosas e dúas secas, xa que o cinto de chuvias pasa alí dúas veces ao ano, unha ao moverse ao norte e outra ao ir ao sur. Entre os trópicos e o ecuador, as localidades poden experimentar unha curta estación chuviosa e outra longa estación chuviosa. A xeografía local pode tamén modificar substancialmente estes patróns climáticos.

Se a tempada de chuvias se produce durante a estación cálida, o verán, a precipitación cae principalmente durante a tarde e as primeiras horas da noite. A tempada de chuvias adoita ser o momento en que se pode observar unha mellora da calidade do aire e auga doce, así como un crecemento notable da vexetación, culminando en colleitas dos cultivos a finais desta tempada. A precipitación pode causar inundacións, e algúns animais vense obrigados a retirarse a terreos máis altos. Aumenta a erosión e diminúen os nutrientes do chan. A incidencia de malaria aumenta nas zonas en que a tempada de chuvias coincide con temperaturas elevadas. Os animais teñen estratexias de adaptación e de supervivencia para o réxime máis húmido. Con frecuencia, a estación seca anterior conduce á escaseza de alimentos durante a tempada de chuvias, xa que os novos cultivos aínda teñen que madurar.

Característica das chuvias miniatura|Tormenta nocturna durante a estación das chuvias en Darwin, Australia Nas zonas onde a chegada de fortes chuvias se asocian cun cambio do vento, a tempada de chuvias coñécese como monzón.Glossary of Meteorology (2009). Monsoon. American Meteorological Society. Consultado o 16 de xaneiro de 2009 Dado que a precipitación durante a estación chuviosa se debe principalmente ao quecemento diúrno que conduce á actividade de tormentas diúrnas dentro dunha masa de aire húmida preexistente, as precipitacións prodúcense principalmente durante a tarde e as primeiras horas da noite dentro dos réximes climáticos da sabana e do monzón. Isto tamén explica que gran parte da precipitación total diaria caia durante os primeiros minutos do ballón, antes de que as tormentas maduren na súa etapa estratiforme.Robert A. Houze Jr (1997). Stratiform Precipitation in Regions of Convection: A Meteorological Paradox? Bulletin of the American Meteorological Society, pp. 2179. Consultado o 27 de decembro de 2008 Aínda que a maioría das rexións ten unha soa tempada de chuvias, as zonas nos trópicos poden experimentar dúas estacións de chuvias dado que a vaguada monzónica, ou zona de converxencia intertropical, pode pasar dúas veces ao ano sobre as rexións situadas nos trópicos. As selvas tropicais, en cambio, teñen un réxime de precipitación equitativo ao longo do ano, e polo tanto non teñen unha tempada de chuvias.

A situación é diferente para as rexións que contan cun réxime climático mediterráneo. No oeste dos Estados Unidos, durante a estación fría a partir de setembro a maio, os ciclóns extratropicais do océano Pacífico móvense cara ao interior na rexión debido á migración cara ao sur da corrente en chorro durante a tempada de frío. Este cambio na corrente en chorro trae gran parte da precipitación anual á rexión,J. Horel (2006). Normal Monthly Precipitation, Inches. University of Utah. Consultado o 19 de marzo de 2008 e tamén trae a posibilidade de fortes chuvias e fortes sistemas de baixa presión.Norman W. Junker (2008). West Coast Cold Season Heavy Rainfall Events. Hydrometeorological Prediction Center. Consultado o 1 de marzo de 2008

Áreas afectadas As áreas cun clima das sabanas na África Subsahariana, como Ghana, Burkina Faso,Patrick Laux et al. (2008): Predicting the regional onset of the rainy season in West Africa. International Journal of Climatology, 28 (3), 329-342.Patrick Laux et al. (2009): Modelling daily precipitation features in the Volta Basin of West Africa. International Journal of Climatology, 29 (7), 937-954., Darfur,David Vandervort (2009). Darfur: getting ready for the rainy season. International Committee of the Red Cross. Consultado o 6 de febreiro de 2009 Eritrea,Mehari Tesfazgi Mebrhatu, M. Tsubo e Sue Walker (2004). A Statistical Model for Seasonal Rainfall Forecasting over the Highlands of Eritrea. New directions for a diverse planet: Proceedings of the 4th International Crop Science Congress. Consultado o 8 de febreiro de 2009 Etiopía,Alex Wynter (2009). Ethiopia: March rainy season "critical" for southern pastoralists. Thomson Reuters Foundation. Consultado o 6 de febreiro de 2009 e Botswana teñen unha tempada de chuvias distinta.The Voice (2009). Botswana: Rainy Season Fills Up Dams. allAfrica.com. Consultado o 6 de febreiro de 2009 Florida e o leste de Texas tamén teñen unha tempada de chuvias que se clasifica como réxime climático das sabanas.Randy Lascody (2008). The Florida Rain Machine. National Weather Service. Consultado o 6 de febreiro de 2009 As rexións monzónicas inclúen o sueste de Asia (incluíndo Indonesia e Filipinas),OCHA Partnership for Humanity (2008). OCHA Field Situation Report: Indonesia – Rainy Season 1 December 2008. United Nations Office for the Coordination of Humanitarian Affairs. Consultado o 6 de febreiro de 2009 as seccións setentrionais de Australia do Norte,Burarra Gathering (2006). Burarra Gathering. Burarra Gathering. Consultado o 6 de febreiro de 2009 Polinesia,Tahiti Sun Travel Network (2007). About Bora Bora Island. Consultado o 6 de febreiro de 2009. América Central,Joint Typhoon Warning Center (2006). 2.4 Analysis & Forecasting "Thumb Rules" for the Rainy Season. United States Navy. Consultado o 6 de febreiro de 2009 o oeste e sur de México,Remote Sensing for Migratory Creatures (2002). Phenology and Creature Migration: Dry season and wet season in West Mexico. Arizona Remote Sensing Center. Consultado o 6 de febreiro de 2009 o deserto do suroeste dos Estados Unidos, o sur de Güiana,Horace Burton (2006). The climate of Guyana. Caribbean Institute for Meteorology and Hydrology. The Outfield, agosto de 2006, pp. 3. Consultado o 8 de febreiro de 2009 partes do nordeste do Brasil.James Brian Elsner (1988). Analysis of Wet Season Rainfall Over the Nordeste of Brazil, South America. University Of Wisconsin-Milwaukee. Consultado o 6 de febreiro de 2009

O norte de Güiana experimenta dúas estacións chuviosas: unha na primavera e outra ao comezo do inverno. África occidental coñece dúas estacións de chuvia ao longo da faixa sur, e unha soa na faixa norte.C. H. Mari, G. Cailley, L. Corre, M. Saunois, J. L. Attie, V. Thouret, e A. Stohl (2007). Biomass burning plumes during the AMMA wet season experiment. Atmospheric Chemistry and Physics Discussions, pp. 17342. Consultado o 6 de febreiro de 2009 Dentro do réxime do clima mediterráneo, a costa oeste dos Estados Unidos e a costa de Italia, Grecia,Greek Embassy London (2008). Welcome to Greece Government of Greece. Consultado o 6 de febreiro de 2009 e Turquía experimentan unha tempada de chuvias nos meses do inverno.D. Bozkurt, O.L. Sen and M. Karaca (2008). Wet season evaluation of RegCM3 performance for Eastern Mediterranean. EGU General Assembly. Consultado o 6 de febreiro de 2009 Do mesmo xeito, a tempada de chuvias no deserto de Negev de Israel esténdese de outubro a maio. O deserto de Sonora localízase no límite entre o clima mediterráneo e monzónico e recibe as dúas estacións de chuvias asociadas a cada réxime climático.Michael J. Plagens (2009). What and Where is the Sonoran Desert? Arizonensis. Consultado o 7 de febreiro de 2009

Efectos miniatura|Monzón na cordilleira de Vindhya, India