O dólar da Illa do Príncipe Eduardo foi a moeda propia da Illa do Príncipe Eduardo entre 1871 e 1873, cando este territorio se integrou na Confederación do Canadá e asumiu o dólar canadense como unidade monetaria.
O dólar da Illa do Príncipe Eduardo dividíase en 100 centavos (cents).
Antecedentes As primeiras moedas utilizadas na Illa do Príncipe Eduardo, do mesmo xeito que no resto do Canadá, foron as levadas consigo polos primeiros colonos e polos comerciantes que se achegaban ás súas costas.Willey, R. C. (2013). "Coins and Tokens". The Canadian Encyclopedia.
Ao longo do século XIX utilizáronse tamén reais de oito españois aos que se lles recortaba a súa parte central. Deste xeito, o aro exterior resultante circulaba co valor de 5 xilins ou un cuarto de libra esterlina, e o núcleo co valor dun xilin."5 Shillings - Charles IIII Holey Dollar". Numista.com"The Royal Canadian Mint Currency Timeline ". Royal Canadian Mint. Páxina 2.
Neste contexto, á medida que os intercambios comerciais ían xerando unha maior necesidade de moeda circulante, algúns comerciantes e entidades locais comezaron a cuñar as súas propias moedas, baixo o sistema monetario inglés, coñecidas na tradición anglosaxoa como tokens."19th Century Canada Genuine Trade Tokens". London Numismatic Club.
132x132px132x132pxEmisión privada de medio penique de 1857."½ Penny Prince Edward island - Self government and free trade". Numista.com
Foi moi frecuente a posta en circulación de moedas de cobre con valor de medio penique a partir de 1830, e que estiveron en uso ata despois de 1860. As máis habituais amosaban lendas alusivas á actividade pesqueira e ao comercio, como SHIPS COLONIES & COMMERCE,"½ Penny. Ships Colonies & Commerce". Numista.com ou SUCCESS TO THE FISHERIES,"½ Penny Speed the Plough". Numista.com ou tamén SELF GOVERNMENT AND FREE TRADE.
O dólar da Illa do Príncipe Eduardo A Illa do Príncipe Eduardo adoptou o sistema decimal no seu sistema monetario en 1871, e deste xeito o dólar, dividido en cen centavos (cents) pasou a substituír a libra como unidade monetaria deste territorio colonial. A lei que determinou esta reforma tamén fixou o tipo de cambio entre a libra esterlina e o dólar da Illa do Príncipe Eduardo, de maneira que unha libra equivalía a 4,8666 dólares, a mesma paridade cá do dólar canadense. Mediante esta mesma lei autorizábase tamén o Goberno colonial para dispor a impresión de papel moeda con valor facial expresado en dólares e para emitir moedas divisionarias de cobre co seu valor en centavos.Pawell, J. (2005). Páxinas 22-44.An Act to establish a Decimal system of Currency on this Island, Statutes of Prince Edward Island, 34 Vict. (1871), c. 5.
Moedas
A única moeda oficial cuñada dentro do efémero sistema monetario do dólar da Illa do Príncipe Eduardo foi a dun centavo, cunha única emisión, datada en 1871.
O deseño de ambas as faces desta moeda débeselle a Leonard Charles Wyon, daquela gravador xefe da Royal Mint, de Londres. O seu anverso amosa un busto da raíña Vitoria rodeado pola lenda VICTORIA QUEEN e coa data no exergo. O reverso foi especialmente deseñado para esta emisión e estaba caracterizado polo símbolo da colonia: un gran carballo, que simboliza a Inglaterra, dando abeiro a outros tres máis novos, símbolo dos tres condados que compuñan a Illa do Príncipe Eduardo. Baixo este motivo principal áchase a inscrición PARVA SUB INGENTI ("O pequeno debaixo do grande"), e rodeando o conxunto, a lenda PRINCE EDWARD ISLAND e o valor facial: ONE CENT."Prince Edward. 1 cent. 1871". Colnect.com"1 Cent, Prince Edward Island, Canada, 1871". Museums Victoria Collections.
133x133px133x133px1 centavo de 1871."Canada. Prince Edward Island: 1 Cent - Victoria". Numista.com
Deste medio penique cuñouse un millón de exemplares na Ceca de Heaton, en Birmingham, coa supervisión da Royal Mint, de Londres, aínda que as moedas carecen de marca de ceca.
O seu peso é de 5,80 gramos, o seu diámetro é de 25,40 milímetros, e está cuñada nunha aliaxe de 90-70 % de cobre e 10-30 % de estaño.
Billetes O Tesouro da Illa do Príncipe Eduardo xa emitira con anterioridade, entre 1848 e 1858, papel moeda co seu valor facial expresado en libras esterlinas, unha serie composta polos billetes de 5 e de 10 xilins, e de 1, 2 e 5 libras.Cuhaj, G. S. (ed.) (2009). Páxina 181.
Posteriormente, o Merchant Bank of Prince Edward Island emitiu entre 1871 e 1891 billetes de 1, 2, 5, 10 e 20 dólares,Cuhaj, G. S. (ed.) (2009). Páxinas 227-228. e preparou tamén probas dun billete de 5 dólares en 1900, aínda que este non chegou a ver a luz.Cuhaj, G. S. (ed.) (2009). Páxina 228.
En 1872, novamente o Tesouro emitiu billetes de 10 e de 20 dólares, e o mesmo ano, dous bancos autorizados, o Bank of Prince Edward Island e o Union Bank of Prince Edward Island, comezaron tamén a emitir os seus propios billetes de 1, 2, 5, 10 e 20 dólares. Tamén emitiron papel moeda nesta época o Merchants Bank of Prince Edward Island e o Summerside Bank of Prince Edward Island."Billets de banque des banques du Canada (billets de banque à charte)". Numicanada.com"Canada. Chartered Banks". Banknote.ws
A partir do ano seguinte, os bancos privados da Illa do Príncipe Eduardo comezaron a emitir os seus billetes en dólares canadenses, para o que inicialmente se aproveitaron os xa emitidos ata entón e postos en circulación, aos que se lles engadía un selo coa expresión "CANADIAN CURRENCY".
Emisións do Bank of Prince Edward Island O Bank of Prince Edward Island constituíuse o 14 de abril de 1856 en Charlottetown,"Customs House". Canada's Historic Places. logo de case dous anos de negociacións coa metrópole para que esta aceptase a legalidade do establecemento dun banco na colonia.Baldwin, D. O. (1985). "The Growth and Decline of the Charlottetown Banks, 1854-1906". En Acadiensis. Vol 15. Nº2. Páxina 32.. O 13 de agosto dese mesmo ano, o banco abriu as súas portas,;Baldwin, D. O.; Gill, H. (1983). "The Island's First Bank". En Island Magazine (Charlottetown). Nº 14. Páxina 9. fundado por James Peake, Richard Heartz, Daniel Davies, Henry Haszard e Daniel Brenan.Baldwin, D. O. (1985). Op. cit. Páxina 33. Foi a primeira entidade bancaria en entrar en funcionamento na illa.Baldwin, D. O.; Gill, H. (1983). Op. cit. Páxina 8.
En 1857, este banco pechou temporalmente durante tres meses, logo de se descubrir que se realizaran préstamos que superaban o seu propio capital, o que motivou a renuncia do seu presidente, Ralph Brecken.Baldwin, D. O. (1985). Op. cit. Páxina 34. Finalmente, en 1881, unha nova concesión desmesurada de préstamos levou o banco ao seu pechamento definitivo e á súa liquidación durante os oito anos seguintes (1882-1887).Forbes, E. R.; Muise, D. A. (1993). The Atlantic Provinces in Confederation. University of Toronto Press. ISBN 0-8020-6817-0. Páxina 97. Foi o primeiro banco canadense en se declarar en creba.Ben-Ishai, S. (2009). "Bank Bankruptcy in Canada: A Comparative Perspective". En Banking and Finance Law Review, 25 (59).
A primeira emisión de papel moeda do Bank of Prince Edward Island foi datada o mesmo día da súa apertura (13 de agosto de 1856) e correspondíase con valores aínda pertencentes ao sistema anterior: 5 e 10 xilins, e 1 e 5 libras.Cuhaj, G. S. (ed.) (2009). Páxinas 277-278. En 1859 emitiuse unha nova serie cos valores de 10 xilins e 2 libras.
En dólares da Illa do Príncipe Eduardo, o Bank of Prince Edward Island levou a cabo dúas emisións, compostas ambas polos mesmos valores e cos mesmos deseños; unha primeira datada o 1 de xaneiro de 1872 e unha segunda con data do 1 de xaneiro de 1877:Cuhaj, G. S. (ed.) (2009). Páxina 278.
+Serie completa de billetes do Bank of Prince Edward IslandValor facialDatasImaxes de anverso e reversoMedidasImpresor1 dólar"Bank of Prince Edward Island, 1 dollar". Bank of Canada Museum.1872 e 1877209x209px180 x 78 mmBritish American Bank Note Co. Ltd., Montreal.2 dólares"Bank of Prince Edward Island, 2 dollars". Bank of Canada Museum.209x209px187 x 82 mm5 dólares"Bank of Prince Edward Island, 5 dollars". Bank of Canada Museum.209x209px186 x 78 mm10 dólares"Bank of Prince Edward Island, 10 dollars". Bank of Canada Museum.209x209px183 x 78 mm20 dólares"Bank of Prince Edward Island, 20 dollars". Bank of Canada Museum.209x209px185 x 79 mm
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Berman, A. G. (2008). Warman's Coins And Paper Money: Identification and Price Guide (4 ed.). Krause Publications. ISBN 978-0-89689-683-3 Cross, W. K. (2005). Charlton Standard Catalogue. Canadian Coins (59ª ed.). Charton Press. ISBN 978-0889682887 Cuhaj, G. S. (ed.) (2009). Standard Catalog of World Paper Money Specialized Issues (11 ed.). Krause Publications. ISBN 978-1-4402-0450-0 Haxby, J. A.; Willey, R. C. (1998). Coins of Canada (16ª ed.). The Unitrade Press. ISBN 978-1895909616 Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991 (18th ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501 Pawell, J. (2005). A History of Canadian Dollar. Bank of Canada. ISBN 0-660-19571-2 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9
Categoría:Dólar Categoría:Moedas do Canadá Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Billetes