A bandeira do territorio de Guam, pertencente aos Estados Unidos, foi adoptada o 9 de febreiro de 1948. A bandeira territorial é de cor azul escuro cun estreito bordo vermello por todos os lados (o bordo foi un engadido posterior). O bordo vermello representa o sangue derramado na segunda guerra mundial e durante a soberanía española no territorio. No centro da bandeira está o escudo de armas; un emblema en forma de améndoa, que representa unha proa navegando na baía de Hagåtña preto de Hagåtña, e GUAM coloreado con letras vermellas.Grabowski, John F. (1992). U.S. Territories and Possessions (State Report Series). Chelsea House Pub, páxina 39. .Kristen, Katherine (1999). Pacific Islands (Portrait of America). San Val, páxina 46. . A forma do emblema lembra as pedras de tiracoios usadas polos antigos chamorros. O terreo do fondo representa o cantil Two Lovers Point de Guam.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras dos Estados Unidos de América