O Festival de Mozos Músicos de Eurovisión 2022 (Eurovision Young Musicians 2022, en inglés e en francés: Concours Eurovision des jeunes musiciens 2022) é a vixésima edición do festival despois da cancelación da edición de 2020 pola pandemia do Covid-19 que se tería celebrado en Zagreb Crocia por primeira vez na Praza Rei Tomislav e coincidindo co día da música. Onde só tería 11 países participantes (Alemaña, Croatia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Malta, Noruega, Polonia, Suecia e Ucraína).
Localización O festival celebrarase no sur de Francia, na cidade occitana de Montpellier no mes de xullo (por primeira vez). Será a primeira que sexa acollido pola nación gala.
Participantes
Alemaña Bélxica Francia Noruega Polonia República Checa
Outros países Membros activos da UER Dinamarca: Descartou regresar. Eslovenia: O país tería participado na edición de 2020 con Sebastijan Buda e a súa trompa. Descartou regresar debido a problemas financeiros. Gales: Descartou o seu debut. San Marino: Descartou regresar.
Posibles regresos España: Descartou regresar na edición de 2020. Aínda que estivo pensando en participar ata o final pero chegou a pandemia do Covid-19. Podería volver aínda que a emisora non fixo ningún anuncio ao respecto polo momento.</ref> Italia: Podería volver aínda que a emisora non fixo ningún anuncio ao respecto polo momento. Reino Unido: Podería volver aínda que a emisora non fixo ningún anuncio ao respecto polo momento..
Membros asociados da UER Australia – O país emitiu a edición de 2004 pero nunca participou no festival. Casaquistán – Para que a emisora pública de Casaquistán Khabar Agency (KA) participe no festival, debe recibir unha invitación da UER e da emisora organizadora do concurso. O país ata agora só participou en Eurovisión Junior.
Non membros da UER Belarús – A emisora bielorrusa BTRC foi expulsada da UER o 1 de xullo de 2021 despois de que a súa entrada non cumprise as regras da EBU. A súa última aparición foi en 2012 coa Alexandra Dzenisenia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Festival de Eurovisión 2022 Festival de Eurovisión Júnior 2022 Festival de Mozos Músicos de Eurovisión Ligazóns externas Páxina oficial do festival
Categoría:Festival de Mozos Músicos de Eurovisión