A Universidade de Erlangen-Núremberg (en alemán, Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg), é a universidade das cidades de Erlangen e Núremberg, en Baviera (Alemaña).

É a segunda universidade máis importante de Baviera, con cinco facultades, 265 cátedras e uns 40.000 estudantes, dos cales dous terzos estudan en Erlangen e un terzo en Núremberg. Ten aproximadamente 2500 estudantes estranxeiros. O seu reitor é Karl-Dieter Grüske.

Historia A universidade foi fundada en 1742 en Bayreuth por Federico III de Brandeburgo-Bayreuth, margrave de Brandeburgo-Bayreuth, e foi trasladada a Erlangen en 1743. Seu fundador (a quen se lle rende honor no nome oficial da institución) brindou un apoio importante á institución nos seus primeiros pasos.

Desde a súa creación, a universidade foi unha institución protestante, que se foi secularizando de forma paulatina. Durante a era nazi, a universidade foi unha das primeiras en ter unha maioría de afiliados ao partido nazi no consello estudantil.

En 1961 o Colexio de Negocios de Núremberg fusionouse coa Universidade de Erlangen, resultando na actualidade unha universidade dividida en dúas cidades. En 1966 inauguroude unha facultade técnica, e o colexio pedagóxico de Núremberg pasou a formar parte da universidade en 1972.

Facultades miniatura|350px|Este palacio no centro de Erlangen, coñecido popularmente como o Schloss, alberga a gran parte da administración da universidade En febreiro de 2007 o goberno da universidade aprobou unha reestruturación en cinco facultades.Die Universität stellt sich neu auf. Desde outubro dese ano a universidade está formada por: Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais, e Escola de Teoloxía Facultade de Dereito, e Escola de Negocios e Economía Facultade de Medicina Facultade de Ciencias Facultade de Enxeñaría

Facultades anteriores As seguintes facultades formaron parte da universidade (ordenadas por data de fundación): Facultade de Teoloxía Facultade de Dereito Facultade de Medicina Facultade de Filosofía I (Filosofía, Historia e Ciencias Sociais) Facultade de Filosofía II (Idiomas e Literatura) Facultade de Ciencias I (Matemáticas e Física) Facultade de Ciencias II (Bioloxía, Química e Farmacia) Facultade de Ciencias III (Xeografía, Xeoloxía / Mineraloxía / Paleontoloxía) Facultade de Negocios e Ciencias Sociais Facultade TécnicaTechnische Fakultät der FAU. Facultade de Pedagoxía (1972) en Núremberg

Estudantes célebres desta univerdidade Johann Christian Daniel von Schreber (1739–1810), naturalista, estudoso dos mamíferos; Samuel Hahnemann (1755-1843), creador da homeopatía; Georg Simon Ohm (1789–1854), físico, a Lei de Ohm nomeouse na súa honra; Justus von Liebig (1803–1873), químico, "pai da industria ds fertilizantes"; Eduard Buchner (1860-1917), químico, Premio Nobel de Química de 1907; Emmy Noether (1882–1935), matemática, o Teorema de Noether nomeouse na súa honra; Hans Geiger (1882-1945), físico, imventor do contador Geiger; Ludwig Erhard (1897-1977), chanceler de Alemaña entre 1963 e 1966.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Johanny, Carl (1976): Die Friedrichs-Akademie zu Bayreuth. Kößler, Henning, Hrsg. (1993): 250 Jahre Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg. Wendehorst, Alfred (1993): Geschichte der Universität Erlangen-Nürnberg 1743–1993. Wendehorst, Alfred, Hrsg. (1984): Erlangen. Die Geschichte der Stadt in Darstellung und Bilddokumenten.

Ligazóns externas Páxina web oficial da Universidade . Páxina web oficial da Universidade . Guía de materias completa . Biblioteca da Universidade . Alumni & Freunde WiSo Nürnberg e.V. . Collegium Alexandrinum der Universität Erlangen-Nürnberg .

Categoría:Universidades de Alemaña