Isabel Rebollido Vázquez, nada en Boiro en 1989, é unha astrofísica galega, que traballou en Baltimore vinculada ao telescopio espacial James Webb. Actualmente investiga na Axencia Espacial Europea.

Traxectoria Isabel Rebollido estudou a carreira de Física na Universidade de Santiago de Compostela, e logo o máster de Astrofísica na Universidade de La Laguna. Posteriormente realizou o doutoramento no grupo de investigación que dirixe Eva Villaver na Universidade Autónoma de Madrid. Durante a súa etapa posdoutoral no Space Telescope Science Institute estudou a formación de estruturas en Beta Pictoris debidas á colisión entre planetesimais no disco de cascallos rodeando a esta estrela.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Biografía na exposición AstrónomAs

Categoría:Físicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de La Laguna Categoría:Astrofísicos