A ponte da Pasaxe é unha ponte sobre a ría do Burgo, entre os concellos de Oleiros e A Coruña. Sobre ela discorre a estrada AC-12.

Características esquerda|miniatura|Ponte de ferro A ponte da Pasaxe ten unha lonxitude de 225 metros, con tres carrís por sentido e unha única calzada.

Historia A idea de construír unha ponte sobre a ría do Burgo apareceu xa no século XIX. A primeira ponte no lugar, de ferro, construíuse en 1901. Ata ese momento só existía a posibilidade dunha pasaxe en barco desde As Xuvias creada en 1491.

O aumento do tráfico fixo necesaria a ampliación da ponte. En 1959 construíuse unha nova ponte e a construción da actual iniciouse en xullo de 1974. A primeira metade inaugurouse en 1975 e a segunda o ano seguinte.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Barca das Xuvias Imaxes en Pharum Brigantium Pasaxe, Ponte da Categoría:Oleiros Categoría:A Coruña