Des hommes et des dieux é un filme francés de 2010 dirixido por Xavier Beauvois, e protagonizado por Lambert Wilson e Michael Lonsdale. O título do filme fai referencia a un verso da Biblia que se amosa ó comezo do mesmo. Conta a historia do mosteiro de Tibhirine, onde nove monxes cistercienses viviron en harmonía coa poboación musulmá en Alxeria, até que sete deles foron secuestrados e asasinados en 1996 durante a guerra civil alxeriana.
Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 83ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse A acción sitúase nun mosteiro da rexión do Atlas en Alxeria, durante a década de 1990. Oito monxes cristiáns pertencentes á orde da Trapa viven alí en harmonía coa poboación musulmá, establecendo lazos de cooperación contra os efectos da pobreza, ocasionados por un réxime en decadencia. Dedicados á vida contemplativa, a rezar, a sementar a terra e a apoiar a poboación dos arredores, mesmo o mosteiro se emprega como dispensario médico de facto pola poboación da zona.
Un grupo de fundamentalistas islámicos asasina un equipo de traballadores croatas nunha zona próxima ao mosteiro (20 km aproximadamente) e o pánico apodérase dos habitantes da rexión, que soportan os embates da guerra civil alxeriana. O exército gobernamental alxeriano ofrece protección aos monxes, mais estes rexéitano para non verse involucrados na guerra nin por suposto facer uso da violencia. Un comando armado de fundamentalistas entra no mosteiro, sendo a primeira advertencia sobre o destino que os esperaba. Os monxes dubidan sobre a posibilidade real de retirarse debido aos lazos de amizade formados coa poboación civil, que lles pide que queden. A pesar da crecente ameaza, os monxes fan uso da reflexión: por un lado o apego á súa vida, e polo outro cal é o seu deber; os oito monxes fan unha síntese dos seus medos e obrigas, dando por resultado a súa permanencia no mosteiro ata as últimas consecuencias.
Personaxes Lambert Wilson como Christian Michael Lonsdale como Luc Olivier Rabourdin como Christophe Philippe Laudenbach como Célestin Jacques Herlin como Amédée Loïc Pichon como Jean-Pierre Xavier Maly como Michel Jean-Marie Frin como Paul Abdelhafid Metalsi como Nouredine Sabrina Ouazani como Rabbia Abdallah Moundy como Omar Olivier Perrier como Bruno Farid Larbi como Ali Fayattia Adel Bencherif como o terrorista
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 83ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Xavier Beauvois Categoría:Filmes rodados en Marrocos Categoría:Filmes ambientados en Alxeria Categoría:Filmes sobre relixión Categoría:Filmes sobre violencia Categoría:Orde Cisterciense da Estrita Observancia