miniatura|250px|Mapa da Bengala unida. O nacionalismo bengalí (en ; Bangali Jatiyotabad) é unha forma de nacionalismo cívico que defende a idea de que os bengalís son unha nación. Este é un dos catro principais fundamentais segundo a Constitución de Bangladesh. Ademais, esta idea foi a principal forza impulsora para a creación do estado nación independente de Bangladesh, a través da guerra de liberación de 1971. O pobo bengalí étnico identifícase por ser o falante da lingua bengalí. Ademais de en Bangladesh, os bengalís viven nos estados indios de Bengala Occidental, Tripura, Assam e algunhas partes de Jharkhand, o cal se coñece como a Bengala unida durante o período británico. Despois do renacemento bengalí do século XIX, foi o Movemento Nacionalista Bengalí o que durante catro décadas sacudiu a rexión, o cal incluíu o movemento pola lingua bengalí, a guerra de libración de Bangladesh e culminou coa creación de Bangladesh en 1971.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Nacionalismo bangladeshí Bibliografía

Cyriac Maprayil, Bangabandhu Sheikh Mujibur Rahman (2001) Anthony Mascarenhas, Bangladesh: A Legacy of Blood Mahua Sarkar, Visible Histories, Disappearing Women: Producing Muslim Womanhood in Late Colonial Bengal, (2008) Durham, NC: Duke University Press. Nitish Sengupta, History of the Bengali-speaking People

Categoría:Nacionalismo na India