Dylan Walsh, nado nos Ánxeles o 17 de novembro de 1963, é un actor estadounidense, coñecido como o Dr. Sean McNamara na serie Nip/Tuck.
Biografía Charles M. Walsh naceu o 17 de novembro de 1963 nos Ánxeles, California. Os seus pais traballaron no Servizo Exterior dos Estados Unidos, e Walsh viviu en África Oriental, India e Indonesia até antes dos dez anos. A súa familia regresou aos Estados Unidos e instaláronse en Virxinia, onde Walsh empezou a actuar na secundaria. Graduouse na Universidade de Virxinia en 1986 cun título en inglés. Despois de graduarse, Walsh mudouse á cidade de Nova York para actuar como profesional.
Carreira A primeira interpretación de Walsh foi nunha película para a televisión chamada Soldier Boys con James Earl Jones. Despois tivo un papel na película Loverboy e un papel regular na serie televisiva Kate & Allie. En 1989, empezou a usar o nome 'Dylan Walsh' profesionalmente. Continuou traballando en películas como Betsy's Wedding, Congo, e facendo do fillo do personaxe interpretado por Paul Newman, en Nobody's fool, así como facendo aparicións en televisión en series como Brooklyn South, The Twilight Zone e Everwood.
En 2003, Walsh interpretou o papel de Sean McNamara na serie televisiva Nip/Tuck, tras ser abordado polo creador de series Ryan Murphy nunha cafetaría. Murphy acordouse del polo seu papel en Nobody's fool e nunha película de televisión.
O 12 de novembro de 2007, anunciouse que Walsh protagonizaría o remake de The Stepfather, revivindo o famoso personaxe que interpretou Terry O'Quinn. A produción da película empezou en 2008 e foi estreada en outubro de 2009.
Actualmente, realiza un drama policial da cadea CBS protagonizado por Poppy Montgomery, Unforgettable. Interpreta o tenente Al Burns, que fora parella de Carrie cando traballaba no Departamento de Policía de Siracusa. Despois, en Nova York, deciden traballar xuntos para resolver casos.
Vida privada Walsh estivo casado coa actriz Melora Walters desde 1996 até 2003. Xuntos teñen dous fillos, Joanna e Thomas. O 10 de outubro de 2004 contraeu matrimonio coa actriz Joanna Going, con quen ten unha filla, Stella Haven.
Filmografía
Kate & Allie (Serie de TV) como Ben Chameleons (1989) (TV) como Stan When We Were Young (1989) (TV) (como Charles Hunter Walsh) como Lee Jameson Loverboy (1989) (como Charles Hunter Walsh) como Jory Talbot Gabriel's Fire (1990) (Serie de TV) como Louis Klein Betsy's Wedding (1990) como Jake Lovell Where the Heart Is (1990) como Tom Telling Secrets (1993) (TV) como Jesse Graham Arctic Blue (1993) como Eric Desmond Nobody's Fool (1994) como Peter Sullivan Radio Inside (1994) como Michael Anderson Congo (1995) como o doutor Peter Elliot The Outer Limits como o sarxento Eldritch Eden (1996) como Bill Kunen Men (1997) como Teo Morrison Brooklyn South (1997) (Serie de TV) como o axente de policía Jimmy Doyle Divided by Hate (1997) (TV) como Louis Gibbs Changing Habits (1997) como Felix Shepherd The Almost Perfect Bank Robbery (1998) (TV) como Frank Syler Chapter Zero (1999) como Adam Lazarus Final Voyage (1999) como Aaron Carpenter Jet Boy (2001) como Boon Palmer Deadly Little Secrets (2001) como Cole Chamberlain Débeda de sangue (2002) como o detective John Waller Jo (2002) (TV) Par 6 (2002) como Mac Hegelman Power Play (2002) como Matt Nash We Were Soldiers (2002) como o capitán Robert Edwards The Twilight Zone (2002) (Serie de TV) como Adam Presidio Med (2002) (Serie de TV) como Danny Gibson More Than Meets the Eye: The Joan Brock Story (2003) (TV) como Jim Brock The Lone Ranger (2003) (TV) como Kansas City Haas Nip/Tuck (2003–2010) (Serie de TV) como o doutor Sean McNamara Everwood (2003–2004) (Serie de TV) como Carl Feeney Edmond (2005) como interrogador Antebody (2005) como Jacob Ambro A casa do lago (2006) como Morgan Lost Holiday: The Jim and Suzanne Shemwell Story (2007) como Jim Shemwell Just Add Water (2008) como Ray Tuckby The Stepfather (2009) como o padrasto/David Harris/Grady Edwards Secretariat (2010) como Jack Tweedy II Unforgettable (2011) como o tenente Al Burns Superman & Lois (2021, serie de televisión) como Samuel Lane
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América