Lucy Wills, nada o 10 de maio de 1888 e finada o 16 de abril de 1964, foi unha hematóloga británica, que a fins dos anos 20 e principios dos 30 do século XX conduciu unha investigación na India sobre a anemia macrocítica no embarazo. O seu traballo levouna a descubrir un factor nutricional que serviu para previr e curar esas desordes.Lucy Wills, El Periódico, Barcelona, 10 de mayo de 2019
Traxectoria As mulleres en Inglaterra recentemente tiveron a posibilidade de converterse en profesionais cara aos anos XIX. Lucy Wills pertenceu a unha xeración que se beneficiou das reformas vitorianas. Asistiu ao Cheltenham Ladies' College, un internado británico pioneiro en formación de mulleres para ciencias e matemáticas. Finalmente graduouse en Botánica e Xeoloxía no Newnham College da Universidade de Cambridge, previo paso pola London School of Medicine for Women.
Ao obter o título, Wills decidiu investigar e ensinar no departamento de Patoloxía da Embarazada do Royal Free. Alí traballou con Christine Pillman , que estivera en Girton ao mesmo tempo que Wills estaba en Newnham, en estudos metabólicos do embarazo.
Investigación na India En 1928, Wills comezou o seu traballo de investigación fundamental na India sobre a anemia macrocítica no embarazo, unha condición na que os glóbulos vermellos son máis grandes do normal. A anemia macrocítica é moi frecuente entre as mulleres máis pobres con deficiencias alimentarias, sobre todo na industria téxtil. A doutora Margaret Balfour, do Servizo Médico da India, pedíralle que se unise á investigación sobre a mortalidade materna realizada pola Asociación do Fondo de Investigación da India no Instituto Haffkine de Bombai, actual Mumbai. Wills estivo na India entre 1928 e 1933, principalmente no Haffkine.
Anemia do embarazo Wills observou unha correlación entre os hábitos dietéticos das diferentes clases de mulleres de Bombai e a probabilidade de que sufrisen anemia durante o embarazo. As mulleres musulmás pobres eran as que tiñan tanto unha dieta máis deficiente como unha maior susceptibilidade á anemia. Esta anemia coñecíase entón como "anemia perniciosa do embarazo". Con todo, Wills puido demostrar que a anemia que observou difería da verdadeira anemia perniciosa,xa que as pacientes non tiñan aclorhidria, unha incapacidade para producir acedo gástrico. Ademais, mentres que os pacientes respondían os extractos de fígado crus, non respondían os extractos de fígado "puros" (vitamina B12) que demostraran tratar a verdadeira anemia perniciosa. Postulou que debía haber outro factor nutricional responsable desta anemia macrocítica que non fose a deficiencia de vitamina B12. Durante algúns anos este factor nutricional coñeceuse como o "factor Wills", e máis tarde demostrouse, na década de 1940, que era o folato, cuxa forma sintética é o ácido fólico.
Wills decidiu investigar os posibles tratamentos nutricionais estudando primeiro os efectos da manipulación da dieta nunha anemia macrocítica en ratas albinas. Este traballo realizouse nos Laboratorios de Investigación Nutricional do Instituto Pasteur da India en Coonoor. As ratas alimentadas coa mesma dieta que as mulleres musulmás de Bombai volvéronse anémicas, e as embarazadas morreron antes de dar a luz. A anemia das ratas evitouse engadindo fermento ás dietas sintéticas que non contiñan vitamina B. Este traballo duplicouse posteriormente utilizando monos rhesus, xa que os resultados das ratas víronse embazados por unha infección de piollos que puido nesgar eses resultados. De volta a Bombai, Wills realizou ensaios clínicos en pacientes con anemia macrocítica e estableceu experimentalmente que este tipo podía previrse e curarse con extractos de fermento, cuxa fonte máis barata era Marmite.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
El factor Wills en Mujeres con Ciencia
Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1964