Paul McAuley, tamén coñecido como o Irmán Paul, nado en Portsmouth, South East England, Inglaterra, o 29 de outubro de 1947 e finado en Iquitos, Maynas, Loreto, o 2 de abril de 2019, foi un relixioso e misioneiro católico dos Irmáns de La Salle e activista ambiental británico. O 2 de abril de 2019 foi achado morto na comunidade estudantil intercultural "La Salle", en Iquitos, no distrito de Belén, Perú. O seu cadáver foi achado queimado por estudantes da comunidade.
Traxectoria Paul McAuley naceu en Portsmouth, Inglaterra, o 29 de outubro de 1947.
Chegou ao Perú en 1991 e asumiu xunto ao irmán Juan José Salgas a posta en marcha do colexio Fe y Alegría N° 43 "La Salle", institución educativa fundada por un grupo de poboadores do asentamento humano «Luís Felipe de las Casas» do sector denominado El Zapallal, no distrito de Ventanilla da cidade de Lima. O proxecto educativo foi o resultado dun convenio entre a organización Fe y Alegría e o Instituto dos Irmáns das Escolas Cristiás con apoio económico da cooperación internacional.
A experiencia do colexio en educación ambiental foi e segue sendo obxecto de estudo en varias universidades do país.
Trasladouse á amazonía peruana no 2000 para apoiar ás comunidades nativas. No 2004 fundou a Red Ambiental Loretana (RAL) dedicada á defensa ambiental e ao desenvolvemento local e comunitario.
O 11 de xuño de 2010, a partir dunha resolución do Ministerio do Interior, o goberno peruano durante a presidencia de Alan García decidiu cancelarlle a residencia debido á súa defensa dos dereitos indíxenas e do medio ambiente. Organizacións como a Sociedad Peruana de Derecho Ambiental (SPDA), a Coordinadora Nacional de Derechos Humanos (CNDDHH), Amnistía Internacional e Asociación Pro Derechos Humanos (APRODEH), entre outras, saíron en defensa do misioneiro rexeitando a expulsión. A resolución ministerial foi suspendida o 7 de xullo polo Primeiro Xulgado Civil de Maynas. Nese entón, o irmán Paul McAuley díxolle á BBC:
Foi atopado morto, o corpo calcinado, a mañá do 2 de abril de 2019 por estudantes da comunidade "La Salle". A Conferencia Episcopal Peruana solicitou ás autoridades peruanas investigar a súa morte e achar aos responsables. Julia Urrunaga, a directora da Axencia de Investigación Ambiental (EIA, por Environmental Investigation Agency en inglés), unha ONG británica dedicada a investigar e facer campañas contra os abusos e crimes ambientais, lamentou a morte de Paul McAuley, expresándose da seguinte maneira:
O 4 de abril de 2019, o doutor Francisco Moreno, xefe de medicina forense en Loreto, declarou que non se atoparon evidencias de dióxido de carbono no sangue do corpo descartándose a posibilidade de que a causa da morte fose por incineración.
Latinoamérica é considerada a rexión máis perigosa para os defensores ambientais e en 2014 Perú ocupou o cuarto lugar como país máis perigoso para un defensor ambiental.
Recoñecementos
Premio Esteban Campodónico 1999 por servizos directos á comunidade. Membro da Orde do Imperio Británico.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas COMUNICADO ANTE SU MUERTE: Conferencia Episcopal Peruana (Lima, 2019) VIDEO: Entrevista co Irmán Paul McAuley (Iquitos, 2014, en inglés)
Categoría:Nados en Portsmouth Categoría:Ecoloxistas do Reino Unido Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2019