Corinne Anita Loos, nada en Sisson (California) o 26 de abril de 1888 e finada en Nova York o 18 de agosto de 1981, foi unha guionista, dramaturga e escritora estadounidense. En 1912, converteuse na primeira muller guionista contratada en Hollywood, cando D. W. Griffith a contratou para Triangle Film Corporation. É coñecida pola súa novela cómica de 1925 Gentlemen Prefer Blondes, e a súa adaptación para Broadway da novela de Colette Gigi.

Traxectoria Comezou a traballar no teatro, co seu pai que foi director, e aos 12 anos xa escribía guións para o cinema. Con vinte anos, Loos xa era guionista profesional. En 1911 vendeu o guión do filme The New York Hat,Loos. 1966. producido en 1912 por D. W. Griffith e protagonizado por Mary Pickford e Lionel Barrymore. Ela descubriu a Douglas Fairbanks,Norman. 2007. que se converteu nunha das grandes figuras do cinema mudo de Hollywood e para o que escribiu moitos guións entre 1916 e 1919.

En 1919 Loos casou co escritor e director John Emerson e xuntos comezaron a escribir e producir os seus propios filmes. Nos anos trinta soubo adaptarse ao cinema sonoro e desde 1932 e durante 18 anos traballou para a Metro-Goldwyn-Mayer, á que deu algúns dos seus maiores éxitos: Red-Headed Woman (1932), que consagrou a Jean Harlow (1936) e Saratoga (1937), ambos con Clark Gable.

Tamén escribiu obras de teatro, novelas e adaptacións, como Gigi de Colette. Ademais, escribiu regularmente para a prensa para Harper's Bazaar, Vanity Fair e The New Yorker.

É coñecida sobre todo pola súa novela Gentlemen Prefer Blondes (1926), que axiña se converteu nun éxito de vendas e deu lugar a filmes e musicais, como o protagonizado por Marilyn Monroe e Jane Russell. Escrito en forma de diario, cheo de humor descarado e situacións cómicas e facendo uso da elegancia, a ironía e a fantasía, converteuse nunha referencia inevitable na literatura popular do século XX.

Despois escribiu a continuación, But Gentlemen Marry Brunettes (1928), ademais doutras novelas como A Mouse Is Born (1951) e No Mother To Guide Her (1961), e memorias como A Girl Like I (1965) e Goodbye to Hollywood with a Kiss (1974).

Obras Ficción Gentlemen Prefer Blondes: The Intimate Diary of a Professional Lady. NY: Boni & Liveright, 1925 But Gentlemen Marry Brunettes. NY: Boni & Liveright, 1927 A Mouse Is Born. NY: Doubleday & Company, 1951 No Mother to Guide Her. NY: McGraw Hill, 1961 Fate Keeps On Happening: Adventures Of Lorelei Lee And Other Writings. NY: Dodd, Mead & Company, 1984

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Loos, R. Beers. "Anita's Dad Spills the Frijoles," Photoplay, agosto de 1928, p. 47.

Ligazóns externas

Anita Loos at the Women Film Pioneers Project Anita Loos papers, 1917–1981, held by the Billy Rose Theatre Division, New York Public Library for the Performing Arts Anita Loos papers, 1917-1979 at Houghton Library, Harvard University AFI Catalog entry for Anita Loos Some contemporary articles and interviews with Anita Loos

Categoría:Nados en California Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América