Yuri Andrujóvich (en ucraíno: Ю́рій І́горович Андрухо́вич), nado en Stanislav, Ucraína o 13 de marzo de 1960, é un escritor ucraíno, xornalista e tradutor, que se destacou polas súas novelas, poemas e ensaios.

Traxectoria Estudou xornalismo no Instituto de Poligrafía de Ucraína en Lviv, onde se diplomou en 1982; posteriormente terminou tamén os Cursos Superiores Literarios do Instituto de Literatura Maksim Gorki de Moscova (1991).

Fixo o servizo militar no exército soviético en 1983-84 e esa experiencia foi reflectida máis tarde nos seus contos.

Comezou a súa carreira literaria con poesías que apareceron en diversas revistas e o primeiro libro que publicou foi un poemario —Небо і площі (en galego, Ceo e nubes)—, en 1985. Ese mesmo ano cofunda, cos escritores Víctor Neborak e Oleksandr Irvanets, o grupo poético BuBaBu —cuxas siglas están tomadas das primeiras sílabas das palabras ucraínas para "Bufonería", "Farsa" e "Burlesco"—, do que é considerado patriarca. En 1987 saíu o seu primeiro libro de narrativa, unha recompilación de contos, e en 1992 publicou a súa primeira novela.

Aínda que promotor da lingua e identidade ucraína, non se lle adoita considerar dentro dos nacionalistas. En entrevistas, proclamou que respecta tanto o ruso como o ucraíno no seu país e autotraduciuse ao ruso.

Foi vicepresidente da Asociación de Escritores Ucraínos desde a súa fundación en 1997 —como alternativa á Unión de Escritores de Ucraína, de tradición soviética— até o ano 2000.

As súas obras foron traducidas a numerosos idiomas.

Obras

Небо і площі, poemario, 1985 (Ceo e nubes) Зліва, де серце, contos, 1987 (Á esquerda, onde está o corazón) Середмістя, poemario, 1989 (O centro da cidade) Екзотичні птахи і рослини, poemario, 1991 (Aves e plantas exóticas) Рекреації, novela, 1992 (Recreacións) Московіада, novela, 1993 (Moscoviada) Перверзія, novela, 1996 (Perversión) Екзотичні птахи і рослини з додатком «Індія»: Колекція віршів, poemario, 1997 (Aves e plantas exóticas co engadido de India: colección de poemas) Дезорієнтація на місцевості, ensaios, 1999 (Desorientación de lugar) Моя Європа, ensaio, 2000 (A miña Esuropa) Центрально-східна ревізія, ensaios, 2000 (Revisión central-europea) Дванадцять обручів, novela, 2003 (Doce aneis) Пісні для мертвого півня, poemario, 2004 (Cantos para o galo morto) Диявол ховається в сирі, ensaios, 2006 (O diaño escóndese no queixo) Таємниця. Замість роману, novela, 2007 (Misterio. En lugar dunha novela)

Traducións Traduciu a Shakespeare e a autores alemáns, estadounidenses e rusos. Traduciu do polaco, entre outros, a poesía de Czesław Milosz , así como aos escritores Tadeusz Konwicki e Bruno Schulz.

Premios e distincións

Premio Blahovist 1993 Premio da Fundación Helen Shcherban-Lapika 1996 (xunto co resto de poetas do grupo BuBaBu e a Oksana Zabuzhko) Premio da revista literaria Suchasnist 1997 Premio Lesia & Petró Kovalev 1998 Premio Herder 2001 Premio da Paz Erich Maria Remarque 2005 Premio Angelus de Literatura Centroeuropea 2006 (Polonia) por Doce anillos Premio ó Acercamento Europeo 2006 (Leipzig) por Дванадцять обручів (en galego, Doce aneis)

Véxase tamén

Ligazóns externas Yuri Andrujovich Andrujovich na editorial Acantilado La emotiva 'geopoética' de Yuri Andrujóvich traza las fronteras de Kosmopolis edición dixital de El País Cataluña, 18.10.2006; acceso 04.08.2011 Ignacio Vidal-Folch. El último territorio, de Yuri Andrujóvich, Letras Libres, xaneiro 2007; acceso 04.08.2011 Juan Forn. El muerto que habla, Página/12, 27.06.2007; acceso 04.08.2011 José María Guelbenzú. Miedo al ayer y al mañana, El País, 17.11.2007; acceso 04.08.2011 Víctor Andresco. Cóctel 'vitriolov'''], sobre Moscoviada, El País, 11.06.2011; acceso 04.08.2011 Camilo Marks. Medianoche en Moscú, recensión de Moscoviada na Revista de Libros de El Mercurio, 31.07.2011; acceso 04.08.2011 Biografía de Andrujovich, en ucraíno Biografía de Andrujovich, en inglés Páxina dedicada a Andrujovich, en ucraíno, aínda que a súa biografía está tamén en inglés e alemán Artigos de Andrujovich no semanario Zérkalo Nedeli (O Espello da Semana'') en [https://web.archive.org/web/20110830122247/http://news.dt.ua/tags/iurii-andrukhovich ucraíno e ruso

Categoría:Tradutores ao ruso Categoría:Tradutores do ruso Categoría:Tradutores do alemán Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores do polaco Categoría:Tradutores de Ucraína Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Escritores en lingua ucraína Categoría:Poetas de Ucraína Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Ivano-Frankivsk