A lingua altai meridional (tamén coñecida como oirot ou oyrot antes de 1948) é un lingua turca falada na República de Altai, un estado federal de Rusia que se atopa no sur de Siberia, na fronteira con Mongolia e a China. A lingua ten certo grao de intelixibilidade mutua coa lingua altai setentrional, o que motivou que as dúas linguas fosen consideradas tradicionalmente a mesma lingua. A partir de mediados do século XX, e segundo clasificacións modernas, son consideradas dúas linguas separadas. O altai meridional está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
miniatura|Un home falando o altai meridional. Segundo datos de 2010 tiña uns 55 720 falantes.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Altai do sur no Ethnologue
Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas turcas