Raimundo Otero Brañas, nado en Ferrol cara a 1889 e finado no mesmo concello o 25 de agosto de 1983, foi un practicante e médico galego.
Traxectoria Practicante da zona de Ferrol. De orientación libertaria. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba destinado como oficial auxiliar de Sanidade da Armada na Base de Maó (Menorca). Foi membro do comité que impediu que triunfase naquela base da Mariña militar o golpe.Exiliats menorquins
En 1954 foi detido por prestar axuda ao guerrrilleiro Francisco Martínez Leira “Pancho”, ferido de bala en novembro. Segundo a súa familia, era o enfermeiro de confianza da guerrilla antifranquista de Ferrolterra. Chegou a ser capitán de Sanidade Militar no momento do seu retiro. Finou en 1983.La Voz de Galicia, 26-8-1983, p. 55. Vida persoal
casou con Mercedes París Gómez e foi pai de Mercedes e Raimundo Otero París.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Médicos de Ferrol Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1889 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Finados en 1983