Ruairi O'Connor, nado o 9 de xullo de 1991 en Howth, é un actor irlandés. É coñecido maiormente polo seu papel de Henry Tudor, o futuro Henrique VIII de Inglaterra, na serie televisiva de Starz, The Spanish Princess.
Traxectoria O'Connor creceu en Howth, Condado de Dublín, Irlanda. A súa familia mudouse ao campo cando el tiña 14 anos para vivir nunha granxa de criadeiro de cabalos. O'Connor graduouse en teatro no Trinity College Dublin en 2015.
O'Connor debutou co papel de Niall na película de Lenny Abrahamson, What Richard Did.
No 2016, O'Connor tivo un papel convidado na serie de RTÉ2, Can't Cope, Won't Cope e un papel recorrente na serie My Mother and Other Strangers da BBC Northern Ireland. Obtivo o seu papel televisivo máis importante como Michael Vincent na serie Delicious de Sky One, de 2016 a 2018. Ese mesmo ano, protagonizou como o matón escolar e antagonista principal a Weasel na película Handsome Devil.
O'Connor protagonizou en 2018 xunto con Elle Fanning a película Teen Spirit. En maio de 2018, foi anunciado que O'Connor interpretaría ao príncipe Harry Tudor (máis tarde Henrique VIII) na serie de STARZ de 2019, The Spanish Princess. Unha segunda quenda de oito episodios foi ordenada por Starz e as gravacións comezaron en setembro de 2019.
O'Connor interpretará o papel de Arne Cheyenne Johnson na película de 2021 The Conjuring: The Devil Made Me Do It. A película describe o caso real de Johnson.
Vida persoal O'Connor vive entre Londres e Dublín, aínda que actualmente reside nos Ánxeles, California coa súa noiva, Charlotte Hope.
Filmografía
Cinema AnoTítuloPapelNotas2012What Richard DidNiall2016Handsome DevilWeasel2018Teen SpiritKeyan Spears2020The Postcard KillingsMac2021The Conjuring: The Devil Made Me Do ItArne Cheyenne JohnsonPosproducción
Televisión AnoTítuloPapelNotas2016Can't Cope, Won't CopeSimonEpisodio: "I Wanna Be Like "2016My Mother and Other StrangersAndrew Black3 episodios2016–2018DeliciousMichael VincentPapel principal2019–2020The Spanish PrincessPríncipe Harry Tudor / Henrique VIII de InglaterraMiniserie; papel principal2021The Morning ShowTy FitzgeraldRecorrente
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ruairi O'Connor en Instagram
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Actores de televisión de Irlanda Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Nados no condado de Dublín