O Museo do Diñeiro do Banco Central de Montenegro (en montenegrino: Muzej novca Centralne banke Crne Gore) é un museo numismático situado en Cetinje dedicado á historia da circulación monetaria en Montenegro, promovido polo Banco Central de Montenegro."Money Museum". Central Bank of Montenegro."Muzej novca Centralne banke Crne Gore". Montenegro.travel. Lasica, D. (2012). "Na Cetinju otvoren Muzej novca". En Vijesti. 14 de novembro.

Inaugurouse o 11 de abril de 2012 co obxectivo principal de conservar o patrimonio histórico do país en materia numismática, bancaria e financeira.

Ten a súa sede no antigo edificio do Banco Montenegrino, antigo banco central do país, fundado en 1906 e declarado "monumento cultural de extraordinario valor arquitectónico".

O museo conta coa exposición permanente "Do perper ao euro", que complementa con outras exposicións de carácter temporal."Permanent exhibition „From Perper to Euro ”". Central Bank of Montenegro". Entre as máis recentes figuran "Recordos de diñeiro","Exhibition “Money Souvenirs” opens". Central Bank of Montenegro. "O diñeiro como xoia""The exhibition "Money as a Jewellery” opened in the Money Museum - CBCG". Central Bank of Montenegro. ou "Diñeiro da República de Italia de 1946 a 2002"."The exhibition "Money of the Republic of Italy from 1946 to 2002" opened". Central Bank of Montenegro.

Dentro das súa exposición permanente conta cunha prensa mecánica fabricada en 1849 coa que en 1906 se cuñaron os perper (a primeira moeda montenegrina) na Casa da Moeda de Austria, onde estivo en funcionamento.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de museos numismáticos

Ligazóns externas Museo do Diñeiro do Banco Central de Montenegro Visita virtual ao museo

Categoría:Museos de numismática Categoría:Museos de Montenegro Categoría:Historia de Montenegro