O castelán amazónico ou castelán da selva é unha variedade do castelán falado no Amazonas. Influenciado polas linguas amazónicas, está especialmente estendido nos departamentos da Amazonia peruana como Loreto e Ucayali. O castelán amazónico é falado tamén nalgunhas áreas do Brasil adxacente a Loreto e Ucayali, no departamento de Amazonas de Colombia, e nos estados Bolívar e Amazonas de Venezuela. Tamén ten sub-variadades como o acento falado na cidade de Iquitos.

Clasificación O castelán amazónico é, ás veces, clasificado como unha lingua separada do castelán estándar, por exemplo polo Ethnologue. A lingua tamén ten o seu propio código ISO 639-3: spq. Porén, os traballos de investigación desta variedade son escasos.

Notas

Categoría:Dialectos da lingua castelá de América