162173 Ryugu é un asteroide de Tipo C de 900 m de diámetro de órbita próxima á Terra. Foi visitado en 2019 por Hayabusa2, cápsula espacial xaponesa (da JAXA) que recolleu mostras da súa superficie, amosando que non está cohesionada.

162173 Ryugu é o vixésimo terceiro planeta menor estudado por unha nave espacial in situ, e a segunda misión retornada na procura de mostras.

Características

Órbita Ryugu orbita ó Sol a unha distancia variable entre 0,96 e 1,41 ua cun período de 16 meses (474 días). O seu semieixo maior ten 1,19 ua. A excentricidade da órbita é 0,19, e a súa inclinación é de 6º en relación á eclíptica. Ten un mínimo de distancia á Terra a 95 400 km (0,000638 ua), equivalente a 0,23 distancias Terra-Lúa.

Características físicas A aceleración gravitacional no ecuador foi avaliada nuns 0,11 mm/s2, e nuns 0,15 mm/s2 nos polos. A súa masa está estimada nunhas 4,5*108 toneladas. Ten un volume de 0,377 ± 0,005 km3 é unha densidade de 1,19 ± 0.03 g/cm3 (baseada no modelo de forma).

Outros datos Barállase, en base ós datos recollidos por Hayabusa2, observando a súa catalogación como asteroide de tipo C, observación na súa superficie de sales alcalinas e a súa afinidade cos meteoritos de tipo CI, que provén da destrución dun planeta con océanos de auga salgada,

Notas

Categoría:Asteroides