Martín Rodríguez Garaboa, nado na Coruña o 17 de agosto de 1994, é un xogador de hóckey a patíns galego, que xoga de porteiro no Liceo, da OK Liga.

Traxectoria Formouse na canteira do HC Liceo, e cando era xuvenil marchou ao CP Cerceda con Juan Copa e outros xogadores do Liceo. Co Cerceda debutou en Primeira Nacional e logo na OK Liga, tras o ascenso da tempada 2012/13. Coincidindo coa desaparición do Cerceda, no verán de 2016 fichou polo CP Alcobendas. Despois dunha tempada no club madrileño volveu ao Liceo en 2017.

No equipo coruñés foi o segundo porteiro por detrás de Xavier Malián primeiro e Carles Grau despois, acabando subcampión da OK Liga tres tempadas seguidas e gañando a Supercopa de España 2018-19. En 2021 proclamouse campión da Copa do Rei e na seguinte tempada gañou a OK Liga, a oitava na historia do club.

No verán de 2022 deixou A Coruña para instalarse en Francia, fichando polo Noisy-le-Grand.

Palmarés

HC Liceo

OK Liga (1): 2021/22. Copa do Rei (2): 2021, 2026. Supercopa de España (2): 2018/19, 2021/22.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha do xogador en ceroacero.es

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1994 Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Galicia Categoría:Xogadores do CP Cerceda Categoría:Xogadores do H.C. Liceo