Criminal é unha serie de televisión antolóxica de Netflix, composta de catro series ambientadas en catro países diferentes. As catro series son Criminal: France, Criminal: Germany, Criminal: Spain e Criminal: UK. A serie foi ideada por George Kay e Jim Field Smith, e foi producida pola súa empresa Idiotlamp Productions. Malia que a produción é británica, cada unha das series foi escrita e interpretada na lingua do país e con actores do país, aínda que todas as series foron rodadas na mesma localización en Madrid, España. As catro series foron estreadas simultaneamente en setembro de 2019. Unha segunda tempada de Criminal: UK, composta de catro episodios, foi estreada o 16 de setembro de 2020.

Cada episodio é un drama psicolóxico que consiste nun interrogatorio por parte dun equipo de investigadores de policía. Cada episodio conta con só tres áreas diferentes nunha única localización: a sala de interrogatorio, a sala escura de observación e o corredor fóra das salas.

Notas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión de Netflix