Band of Susans foi unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Nova York en 1986 e activa ata 1996. Orixinalmente estaba formada por Robert Poss (guitarra/voces), Susan Stenger (baixo/voces), Ron Spitzer (batería), Susan Lyall (guitarra) e Susan Tallman (guitarra). A banda pasou por varios cambios ao longo dos anos, normalmente contando con tres guitarrista. Poss, Stenger e Spitzer foron os membros principais de Band of Susans durante toda a súa carreira. A banda orixinouse na escena noise rock de Nova York, pero debido ao seu son cheo de capas de guitarras eran ás veces vistos como os equivalentes estadounidenses ás bandas británicas de shoegazing. Band os Susans tamén foi influenciada por compositores modernos como Rhys Chatham e Glenn Branca.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloHope Against Hope1988Blast FirstLove Agenda1989Blast First, Restless RecordsThe Word and the Flesh1991Restless Records, Rough Trade RecordsVeil1993Restless Records, Rough Trade RecordsHere Comes Success1995Blast First, Restless Records
Notas
Categoría:Grupos musicais da cidade de Nova York Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1986