Natalia de Molina, nada en Linares o 19 de decembro de 1990, é unha actriz española, gañadora de dous premios Goya.
Traxectoria Natalia de Molina naceu en Linares, mais criouse en Granada. É irmá da actriz Celia de Molina, xunto á que protagonizou o filme Cómo sobrevivir a una despedida.
O seu papel en Vivir es fácil con los ojos cerrados, de David Trueba, foi o que a revelou. Grazas a este trabajo, recibiu diversos premios, entre eles o premio Goya á mellor actriz revelación e o premio á mellor actriz do Círculo de Escritores Cinematográficos.
En 2015, recibiu o Premio Shooting Star da European Film Promotion que se outorga durante o Festival de Cinema de Berlín.
Foi a protagonista do filme Techo y comida, polo que recibiu o premio Goya á mellor actriz, converténdose na actriz máis nova en conseguir dous premios Goya. Tamén recibiu a Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor actriz e a Biznaga de Prata do Festival de Cinema de Málaga.
Filmografía Ano Filme Personaxe Notas2013Vivir es fácil con los ojos cerradosBelénGoya á mellor actriz revelación2015Solo químicaMelanie2015Cómo sobrevivir a una despedidaNora2015Techo y comidaRocíoGoya á mellor actriz2016PozoamargoGloriaKiki, el amor se haceNataliaLa luz de ElnaCarmen2017Los del túnelMiriam2018No dormirásCecilia2018Animales sin collar |Nora
||2018 |Quién te cantará|Marta |Candidata ao Goya á mellor actriz secundaria |- ||2019 |522. Un gato, un chino y mi padre|George
||2019 ||Elisa e Marcela|Elisa/Mario
||2019 |Adiós|Triana |Candidata ao Goya á mellor actriz secundaria |- ||2020 |Las niñas|Adela
||2020 |Operación Camarón|Lucy
||2021 |Contando ovejas''Paola
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Natalia de Molina, la joven que busca a John Lennon. Natalia de Molina, Goya a la mejor actriz revelación por 'Vivir es fácil con los ojos cerrados'.
Categoría:Nados en Linares, España Categoría:Nados en 1990 Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de Andalucía