Eden Alene (en ; ), nada o 7 de maio de 2000 en Xerusalén, é unha cantante israelí de ascendencia xudía etíope. Após gañar a sétima tempada do concurso de canto HaKokhav HaBa, foi elixida para representar Israel no Festival de Eurovisión 2020, que se ía celebrar en Rotterdam, nos Países Baixos. Trala cancelación do evento por mor da pandemia por coronavirus, confirmouse que fora elixida de novo de xeito interno para representar o seu país na edición de Eurovisión de 2021.

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Xerusalén Categoría:Representantes de Israel en Eurovisión Categoría:Cantantes de Israel Categoría:Cantantes en lingua hebrea Categoría:Cantantes en lingua amhárica