O Rally de Vigo de 1991 foi a cuarta e última edición de dito rally e a oitava proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally.
Celebrouse en Vigo o 15 de setembro de 1991 e o vencedor foi Manuel Senra, a bordo dun Peugeot 205 GTI e con José Maceiras como copiloto. Foi a primeira das 37 vitorias de Senra no campionato galego.
Resumo Javier Piñeiro comezou liderando a proba, mentres Manuel Senra deu varios trompos no primeiro treito. Con todo, o Peugeot 205 GTI de Senra comezou a reducir a diferenza e colocouse primeiro no seu paso polo treito de Chenlo. Ambos pilotos chegaron igualados a Salceda, último treito, onde se impuxo o piloto de Dumbría.
O berciano Antonio Garrido co seu habitual Ford Sierra Cosworth completou o podio, mentres que detrás del chegaron os Citroën AX Sport de Arturo Rial, cuarto, e José María Banga, quinto. Só conseguiron chegar á meta 25 vehículos dos 50 que tomaron a saída.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículo1 Manuel Senra José MaceirasPeugeot 205 GTI2 Javier PiñeiroRenault Clio 16v3 Antonio GarridoFord Sierra Cosworth4 Arturo RialCitroën AX Sport5 José María BangaCitroën AX Sport
Notas
Categoría:Rally de Vigo Categoría:Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally