Qiu Ju da guan si (en ) é un filme chinés de 1992 dirixido por Zhang Yimou e protagonizado por Gong Li. O guión é unha adaptación da novela "O preito da familia Wan" (万家诉讼) de Chen Yuanbin.
O filme conta a historia dunha muller labrega, Qiu Ju, que vive nunha área rural da China. Cando o seu marido é golpeado na ingua polo xefe da aldea, Qiu Ju, malia o seu embarazo, viaxa a unha cidade próxima, e máis tarde unha cidade grande para tratar coa burocracia e atopar xustiza.
O filme foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 65ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences O filme tivo éxito no circuíto dos festivais de cinema e gañou o León de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Venecia en 1992.
Personaxes Gong Li como Qiu Ju, muller labrega e esposa de Qinglai. Liu Peiqi como Wan Qinglai, granxeiro e esposo de Qiu Ju. Yang Liuchun como Meizi, irmá de Qinglai. Lei Kesheng como Wang Shantang, xefe da aldea. Ge Zhijun como oficial Li.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 65ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes dirixidos por Zhang Yimou Categoría:Filmes gañadores do León de Ouro