A dos iguanios (Iguania) é unhna de infraorde da orde dos escamosos (réptiles) e suborde dos lacertilios, que inclúe ás iguanas, camaleóns, agámidos e a varios lagartos do Novo Mundo.

Empregando as características morfolóxicas como guía para as relacións evolutivas, crese que Iguania forma o taxon irmán do resto de membros dos Squamata. Porén, os datos moleculares sitúan a Iguania máis dentro de Squamata como taxon irmán de Anguimorpha, e estreitamente relacionado coas serpentes.

Características Os iguanios son en xeral arborícolas, e teñen linguas primitivas, carnosas e non prénsiles, aínda que esta condición está moi modificada nos camaleóns.

Rexistro fósil O grupo ten un rexistro fósil que se estende até o xurásico inferior, sendo o seu xénero máis antigo coñecido Bharatagama, que viviu hai uns 190 millóns de anos na actual India, e inclúe ás familias detalladas na sección "Clasificación":Iguania no ITIS.

Taxonomía Descrición A infraorde foi descrita en 1864 polo paleontólogo e especialista en anatomía comparada, herpetoloxía e ictioloxía estadounidense Edward Drinker Cope,Iguania en Wikispecies. en On the Characters of the higher Groups of Reptilia Squamata—and especially of the Diploglossa". Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia, volume 1864, pp. 224-231. (Texto completo).

Clasificación Infraorde Iguania

Familia Agamidae Gray, 1827 Familia Chamaeleonidae Rafinesque, 1815 Familia Corytophanidae Fitzinger, 1843 Familia Crotaphytidae Smith & Brodie, 1982 Familia Dactyloidae Fitzinger, 1843 Familia Hoplocercidae Frost & Etheridge, 1989 Familia Iguanidae Oppel, 1811 Familia Leiocephalidae Frost & Etheridge, 1989 Familia Leiosauridae Frost & Etheridge, 2001 Familia Liolaemidae Frost & Etheridge, 1989 Familia Opluridae Moody, 1983 Familia Phrynosomatidae Fitzinger, 1843 Familia Polychrotidae Fitzinger, 1843 Familia Tropiduridae Bell, 1843

Filoxenia A continuación móstrase un cladograma baseado na análisie filoxenética de Daza et al. (2012)no que se ven as interrelacións dos iguanios extintos e os actuais:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Cope, E. D. (1864): "On the characters of the higher groups of Reptilia Squamata—and especially of the Diploglossa". Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 16: 224–231. Schulte II, J. A., J. P. Valladares, & A. Larson. (2003): "Phylogenetic relationships within Iguanidae inferred using molecular and morphological data and a phylogenetic taxonomy of iguanian lizards". Herpetologica 59: 399-419. Wiens, J. J.; C. R. Hutter, D. G. Mulcahy, et al. (2012): "Resolving the phylogeny of lizards and snakes (Squamata) with extensive sampling of genes and species". Biology Letters 8 (6): 1043-1046. (Amplo resume).

Outros artigos Escamosos Lacertilia

Ligazóns externas Order Squamata en The Reptile Dtabase''. Iguanas. Iguania na EOL.

Categoría:Saurópsidos