Robert Lee Curbeam, Jr., nado en Baltimore (Maryland) o 5 de marzo de 1962, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-116, STS-98 e STS-85. Pasou un total de 37,61 días no espazo.
Traxectoria Curbeam é graduado en enxeñería aeroespacial pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1984, con máster na Escola Naval de Posgraduados en 1990.
Foi seleccionado pola NASA en decembro de 1994, completando o seu adestramento un ano despois. Participou nas misións STS-116, STS-98 e STS-85, pasando un total de 37,61 días no espazo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-116 STS-98 STS-85
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Maryland