miniatura|320px|Spintriae. Colección Hunterian. Glasgow Spintria (voz latina; plural: spintriae; do grego σφιγκτήρ -sphinktḗr-, "esfínter") é unha ficha monetiforme de bronce, latón ou chumbo e de pequeno tamaño utilizada no Imperio Romano probablemente nos prostíbulos, malia non existir constatación fidedigna deste uso."Spintria". En Stevenson, W. et al. (1889)."Spintria". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7Kampmann, U. (2009).Martínez Chico, D. (2014).Martínez Chico, D. (2018).
Estas fichas amosan adoito entre os seus motivos dos seus anversos actos sexuais de moi diversa índole ou outra simboloxía sexual, e nos reversos numerais entre o I e o XVI.
Denominación A forma spintria foi utilizada por Suetonio para se referir aos rapaces novos que exercían a prostitución.Fishburn, G. Páxina 5. Nota 2. No século XVI, o nome tería pasado do antigo significado de persoa que cometía actos sexuais extravagantes ou fóra da norma (e tamén o lugar onde ocorrían estes actos, como os xardíns de Tiberio na illa de Capri) ás fichas que se utilizaban para estes mesteres. Bette Talvacchia indica que a primeira vez que se testemuña este uso de spintria como "ficha" é no tratado de Sebastiano Erizzo titulado Discorso Sopra le Medaglie Antiche ("Discurso sobre a medalla antiga"), publicado en Venecia en 1559.Talvacchia, B. (1999). Páxina 56.
Uso miniatura|280px|Spintriae de Pompeia Algúns estudosos, seguindo a tese defendida por Friedlander (1886) nos comentarios á súa edición de Marcial de que estas fichas se utilizaban "para poder entrar nos bordeis" (auf die man in Bordelle Einlass erheilt), argumentaron que as spintriae se utilizaban para pagar os servizos de prostitución, malia non achegaren evidencias para tal aseveración.Friedlander, Ludwig (1886), M. Valerii Martialis Epigrammatonlibri. Mit erklärenden Anmerkungen. Leipzig. 2 vols. Citado en Buttrey (1973).
Buttrey disente da teoría que relaciona as sprintia coa prostitución, ante a inexistencia de evidencias, en tanto que Simonetta e Riva son os únicos que defenden tal relación, que é, por outra banda, a máis difundida polos medios de comunicación.Buttrey, T. V. (1973). Páxina 53.Simonetta, B; Riva, R. (1981).Duggan (2016).
Outros académicos seguen liñas de investigación alternativas.Buttrey, T. V. (1973)Campana, A. (2009). Duggan, E. (2016).
Baixo Caracalla, un équites foi sentenciado a morte por levar a un bordel unha destas pezas que reproducía un busto semellante ao do emperador, aínda que finalmente se salvou polo falecemento do propio emperador.Dión Casio. Historia de Roma. Epítome do Libro LXXVIII 78.16.5.
Non hai ningunha evidencia antiga directa, porén, que apoie a teoría de que as spintriae fosen creadas como moedas privadas para seren trocadas nos bordeis por moeda oficial.McGinn, T. A. (2004). Páxina 115. O numismático Theodore V. Buttrey suxeriu que foron utilizadas como pezas de xogo, aínda que Duggan apuntou que non hai datos arqueolóxicos para o confirmar.Buttrey, T. V. (1973).Duggan, E. (2017). Por outra banda, o economista Geoffrey Fishburn, seguindo a postura de Jacobelli, suxeriu que poderían ser utilizadas nos lupanares como fichas para o uso dos armarios.Jacobelli, L. (1995).
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda da Antiga Roma
Bibliografía
Adams, C. (2008). "Pay for Play: Did the Romans issue sexually depictive tokens for use in foreign brothels?". En The Straight Dope. 18 de xaneiro. Bateson, J. D. (1991). “Roman Spintriae in The Hunter Coin Cabinet”. En Glaux, 7. Páxinas 385-394. Buttrey, T .V. (1973). “The Spintriae as a Historical Source”. En Numismatic Chronicle. 13. Royal Numismatic Society. Páxinas 52-63. Duggan, E. (2017) "Stranger Games: The Life and Times of the spintriae". En Board Game Studies Journal .11. Fishburn, G. (2007). "Is that a Spintria in your pocket or are you just pleased to see me?". En Regarding the Past. University of Queensland. Páxinas 225-236. Kampmann, U. (2009). "Honni soit qui mal y pense or What exactly was the spintriae's funtion?". En Coins Weekly. 14 de outubro. Lee, B. (1982). "«Brass Checks» Return: An Excursus in Erotic Numismatics, or The Spintriae Roll Again". En The Journal of Popular Culture. 17(2). Páxinas 142-145. Martínez Chico, D. (2014). "Spintria, la ficha erótica de la Antigua Roma ". En Numismático Digital. 22 de outubro de 2014. Martínez Chico, D. (2018). "Sexo y erotismo en las llamas spintriae, las supuestas y problemáticas tesserae de lupanar de la Antigua Roma ". En Athenaeum. Studi di Letteratura e Storia dell'Antichità. 106(2). Páxinas 533-557. McGinn, T. A. (2004) The Economy of Prostitution in the Roman World. University of Michigan Press. Simonetta, B.; Riva, R. (1981), Le tessere erotiche romane (spintriae). Quando ed a che scopo sono state coniate. Lugano. Gaggini-Bizzozero. Stevenson, W. Et al. (1889). Dictionary of Roman Coins. George Bell and Sons. Londres. Vitale, E. (1941). “Lasciva Numismata”. En Numismatica, 7. Páxinas 81-83.
Categoría:Prostitución Categoría:Arte da Roma Antiga Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Prácticas sexuais