Navarra (en , en ), oficialmente Comunidade Foral de Navarra (en , en ), é unha comunidade foral uniprovincial de España, ademais dunha das sete provincias (herrialdes) do histórico País Vasco. Situada no extremo norte da Península Ibérica, limita ao norte co departamento dos Pireneos Atlánticos en Francia, ao leste coas provincias aragonesas de Huesca e Zaragoza, ao sur coa Rioxa e ao oeste coas provincias vascas de Guipúscoa e Áraba.

Está formada por 272 concellos, un deles, Petilla de Aragón, formado por dous exclaves na provincia de Zaragoza. Conta cunha poboación de 636 638 habitantes (2015), dos que aproximadamente un terzo vive na capital e cidade máis poboada, Pamplona (196.166 habitantes), e máis da metade na área metropolitana da mesma (328.511 habitantes).

Navarra apareceu por vez primeira como entidade política propia no século IX coa formación do Reino de Pamplona que a finais do século X está xa consolidado como Reino de Navarra. Ademais do castelán, tamén o éuscaro é lingua oficial na zona vascófona e na zona mixta, territorios situados no norte da comunidade.

Etimoloxía A primeira vez da que se ten constancia escrita do termo Navarra é no século IX, na obra Vita Karoli MagniNo capítulo 15 de Vita Karoli Magni atópase o seguinte parágrafo: «Quibus regnum Francorum (...) ampliavit, (...) Nam cum prius non amplius quam ea pars Galliae, quae inter Rhenum et Ligerem oceanumque ac mare Balearicum iacet, et pars Germaniae, (...) ipse per bella memorata primo Aquitaniam et Wasconiam totumque Pyrinei montis iugum et usque ad Hiberum amnem, qui apud Navarros ortus et fertilissimos Hispaniae agros secans sub Dertosae civitatis moenia Balearico mari miscetur; deinde Italiam totam». escrita por Eginardo, na cal descríbense as intrusións do rei franco Carlomagno ata o río Ebro. Crese que o topónimo Navarra podería derivar do vocábulo naba, de orixe prerromano, probablemente protovasco, cuxo significado sería o de terra chaira rodeada por montañas,Naba na Enciclopedia Auñamendi.Definición de nava no DRAE. perfectamente aplicable a Pamplona e a súa contorna.

Historia As raíces máis antigas remontan ao período paleolítico.

Durante a Protohistoria suponse que Navarra estivo poboada polos vascóns, porén nos albores do primeiro milenio os celtas asentáronse decididamente, como o demostra o asentamento de Cortes de Navarra. Constitúe un tópico dicir que o territorio non foi dominado por Roma, porén Pamplona foi un núcleo claro de romanización, amén de que tanto por Navarra como polo País Vasco pasaban algunhas importantes vías romanas.

Ao longo do período visigodo, os vascos traen en xaque o poder dos reinos de Tolosa e Toledo, porén Pamplona segue a ser unha urbe hispanorromana. Esta resistencia vasca manterase contra os francos e os árabes. Logo da invasión árabe da Península Ibérica, a comezos do século VIII, atopámonos en 824 cun primeiro poder independente navarro, personificado en Iñigo Arista. No 860, seu fillo García Iñíguez señorea en Pamplona. O sur, porén, está en mans dos musulmáns durante bastante tempo (Tudela non é tomada até 1119), o que supón unha cuña, de xeito que a expansión navarra se efectua en movementos laterais.

En época de Sancho III o Grande (1000-1035) o reino de Navarra acada a súa maior extensión, incorporando territorios de Aragón e Sobrarbe polo oriente, e da Rioxa e Castela por occidente. Á súa morte, porén, dividiu o reino entre seus catro fillos.

250px|esquerda|miniatura|Palacio Real de Olite. Durante un tempo, estivo Navarra, logo, unida a Aragón, mais á morte de Afonso o Batallador, en 1134, foi restaurado o reino navarro con García Ramírez. Nesta altura as posibilidades de expansión cara ao sur estaban xa coutadas, pois tales territorios estaban ocupados xa por Castela e Aragón. Por outra banda, as relacións transpirenaicas da corte pamplonesa eran fluídas, pois a súa parte setentrional, a Baixa Navarra está na vertente norte dos Pireneos. O occitano era lingua da documentación oficial da chancelaría navarra, cousa que se esquece frecuentemente.

En 1234, herdou a coroa navarra Teobaldo, fillo do conde de Champaña e sobriño do monarca Sancho o Forte. Comeza unha nova dinastía que dura até o XIII. A voda de Xoana I co rei Filipe IV de Francia supón a incorporación navarra á coroa francesa. En 1327 a nobreza navarra negouse a recoñecer ao herdeiro dos Valois, elixindo a Xoana II como raíña, que inaugura, ao estar casada co homónimo, a casa de Evreux. En 1479 accedeu ao trono Leonor. Logo de ser sucedida por Francisco de Foix, subiu ao trono Catarina de Foix (1481). So o reinado desta, Fernando o Católico ordenou, en 1512, a invasión de Navarra, que efectuou o duque de Alba. Inicialmente Navarra foi incorporada á Coroa de Aragón, pero en 1514, definitivamente, pasou a formar parte da Coroa de Castela. A monarquía navarra subsistiu na Baixa Navarra até 1610, ano na que a liña dinástica pasou á Casa de Borbón francesa.

Xeografía miniatura|Pico de Anie Relevo miniatura|esquerda|As Bardenas Reales 200px|miniatura|O río Ega en Estella. O país navarro divídese en tres zonas diferentes: a Navarra pirenaica no norte; a Navarra intermedia; e a Ribeira navarra no sur.

A primeira comprende a maior porción dos Pireneos occidentais, desde o Pico de Anie (2.504 m) nos límites coa Huesca, até o monte Larrún nos lindes con Guipúscoa e Lapurdi. Non acadan aquí os Pireneos excesiva altura, mais si forman unha muralla abrupta con poucos pasos cara á vertente setentrional. Desde eles se desenvolven unha serie de cordais transversais que avanzan cara ao sur, onde os ríos formaron vales (Roncal, Salazar, Roncesvales). Máis a occidente, os Pireneos prolónganse nas serras que conforman os lindes con Guipúscoa (serras de Alduídes e Aralar) e Áraba (Andía, Urbasa).

O centro da comunidade está ocupada pola conca de Pamplona. A oeste a serie de vales da comarca da Burunda, coas localidades de Altsasu e Arakil. Estes vales e outros, bordeados de montes, manteñen unha dirección aproximada norte-sur, e por eles flúen os diversos tributarios da bacía do río Ebro (Ega, Arga, Zidacos, Aragón). Nos confíns coa provincia de Zaragoza, no leste, esténdese a comarca das Bardenas, de vexetación escasa.

A Ribera navarra son os territorios sitos na beira esquerda do Ebro, que fai de límite natural coa comunidade da Rioxa; a Ribera prolóngase da outra banda do Ebro na comarca de Tudela, no extremo suroriental.

Hidroloxía A maior parte do territorio pertence á conca do Ebro, que drena de norte a sur as augas desde os Pireneos. Os principais afluentes, de oeste a leste, son: Ega, Arga, Zidacos e Aragón. A zona noroeste do país, porén, pertence á vertente cantábrica, na que a corrente principal é o Bidasoa.

Clima A zona noroeste posúe un clima claramente atlántico, e en consonancia a flora é tamén eurosiberiana, con carballos, faias, abetos etc. Este clima prolóngase en parte pola banda pirenaica, mais segundo se gaña altura transfórmase nun clima de montaña.

O resto do territorio cae no dominio climático mediterráneo continentalizado.

Demografía

A Comunidade Foral de Navarra ocupa no ano 2011 o posto 15º como comunidade autónoma máis poboada cunha poboación de 642.051 habitantes. Ten unha densidade de poboación de 61,79 hab./km².

Ao longo do século XX a poboación de Navarra aumentou de 307.669 a 556.263 habitantes. O ritmo de crecemento foi lento ata que nos anos 60 produciuse un importante desenvolvemento industrial en Navarra, especialmente concentrado na área metropolitana de Pamplona que converteu á comunidade foral en receptora de inmigrantes. Esta forte evolución mantívose ata os anos 80, década na cal produciuse unha importante redución da taxa de natalidade que chegou a cifras preocupantes nos anos 90, particularmente no período comprendido entre 1990 e 1996. A partir dese ano vólvese a apreciar un forte incremento da poboación debido á chegada de inmigrantes extraeuropeos e a taxa de natalidade segue desde entón aumentando.

Localidades máis poboadas

Organización territorial Na Idade Media e durante a vixencia da Deputación Provincial os Meiriñados tiveron protagonismo como ente territorial e ata como demarcación electoral (desde 1841 ata o final do franquismo, o meiriñado desempeñou funcións de circunscrición electoral para as eleccións provinciais dos deputados forais; tamén foi a circunscrición electoral utilizada na elección dos integrantes do Parlamento Foral na lexislatura autonómica 1979-1983). Actualmente os meiriñados carecen de competencias administrativas, aínda que os seus territorios coinciden cos actuais partidos xudiciais (aínda que en dous delas cambia a cidade de referencia).

Meiriñados

250px|miniatura|Meiriñados históricos de Navarra. En verde: meiriñado de Pamplona; en azul: meiriñado de Estella; en vermello, meiriñado de Sangüesa; en marrón: meiriñado de Olite; en amarelo, meiriñado de Tudela; en morado, meiriñado histórico de Baixa Navarra Navarra dividiuse historicamente en Meiriñados: Meiriñado de Pamplona (Iruñeko merindadea) Meiriñado de Tudela (Tuterako merindadea) Meiriñado de Estella (Lizarrako merindadea) Meiriñado de Olite (Erriberriko merindadea) Meiriñado de Sangüesa (Zangozako merindadea)

Ata 1530, o Reino de Navarra incluíu tamén o territorio de Baixa Navarra, coñecida xeral pero impropiamente como Sexto Meiriñado ou Meiriñado de Ultrapuertos, xa que se gobernaba desde Sangüesa. A súa cidade máis importante é Saint-Jean-Pied-de-Port.

Comarcas

Comarcas xeográficas 250px|miniatura|Comarcas xeográficas de Navarra Navarra divídese a efectos xeográficos en tres comarcas diferenciadas pola xeografía da zona. Esta división comarcal de Alfredo Floristán Samanes e Salvador Mensua segue criterios relacionados co relevo, o clima, a vexetación e ás veces, a historia.Atlas de Navarra, Geografía e Historia, pax. 10, edita: 2006 Departamento de Educación del Gobierno de Navarra y EGN Comunicación, ISBN 84-934512-1-5

A Ribeira de Navarra, que á súa vez adoita dividirse nas zonas oriental e occidental, cuxos núcleos máis destacados de poboación son Tudela e Corella. Está situada ao sur da comunidade. O clima é mediterráneo continental, é árido e seco. A súa vexetación é pobre perenne e xerófila. O límite entre a zona Media e a Ribeira é difícil de trazar. O seu comezo móstrano a abundancia de rocas xesíferas, os amplos regadíos e os grandes pobos. A Ribeira divídese en dous partes: a Ribeira Tudelana ou Oriental e a Ribeira Estellesa ou Occidental. A Zona media. Está formada por somontanos, vales e piedemontes; está separada da montaña polas serras de Urbasa, Andía, o Perdón, Alaiz, Izco e Leyre. Ten maior altitude que a Ribeira. Está dividida en dous partes polo río Arga: a Occidental ou Terra Estella, e a Oriental. A Zona da montaña, que comprende unha serie de vales franqueados polas serras de Aralar, Urbasa e Andía no seu parte máis occidental e dos Pireneos na parte central e oriental da rexión. Está situada ao norte da comunidade, é unha zona de choivas abundantes, que diminúen de norte a sur. En toda a zona dominan as alturas superiores aos 600 metros. O curso alto do río Arga separa os vales pirenaicos dos vales vasco-cantábricos. Os ríos escavaron vales con gargantas angostas.

Zonificación Navarra 2000 miniatura|250px|Zonificación 2000 Esta zonificación de carácter xeral foi definida no estudo de prospectiva "Navarra 2000", é reiteradamente utilizada e é ata aceptada formalmente por outras institucións alleas ao Goberno de Navarra por exemplo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, pero carece dunha regulación adecuada que permita a súa utilización xeral cunha nomenclatura homoxénea. Esta zonificación non cuestiona ningunha das existentes nin das que os distintos Departamentos do Goberno de Navarra poidan definir no futuro. Divide Navarra en 7 zonas, 18 subzonas e 68 áreas.

Entidades locais