A Policía Autonómica Galega (oficialmente Unidade de Policía Adscrita de Galicia) é unha unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á comunidade autónoma galega.

Organización e administración Depende organicamente da Dirección Xeral de Policía (Ministerio do Interior) e funcionalmente da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil da Xunta de Galicia, segundo as previsións do artigo 25.27 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Cando foi creada o 19 de xuño de 1991, dispoñía de 157 axentes, destinados na capital de Galicia. En 1993 eran 264 axentes e abríronse as catro sedes provinciais, ás que se sumou a de Vigo en 1997. No ano 2000 había 407 axentes, en 2007 eran 420 e en 2016 435 (61 mulleres e 374 homes) Memoria UPA 2016 pp. 93-95. Entre 2015 e 2018Despedida oficial o comisario xefe foi Silverio Blanco Fernández. Dende 2020 ata a actualidade (2025Directorio na web da UPA Galicia (visitado en agosto de 2025)) éo Jorge Manuel Rubal Pena. A xefatura está en Santiago de Compostela, e ten xefaturas provinciais na Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense, e unha xefatura local en Vigo. O parque móbil está composto por 112 vehículos: 65 coches rotulados, 49 camuflados, 4 motos rotuladas e 4 camufladas Memoira UPA 2016 p. 178.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da UPA Galicia

Categoría:Policía autonómica Categoría:Organismos da Xunta de Galicia