Helen Newington Wills, nada en Centerville (California) o 6 de outubro de 1905 e finada en Carmel o 1 de xaneiro de 1998, tamén coñecida como Helen Wills Moody e Helen Wills Roark, foi unha xogadora de tenis estadounidense. Fíxose célebre no mundo por liderar a clasificación feminina durante un total de nove anos: 1927–33, 1935 e 1938. Gañou 31 torneos de Grand Slam (individuais, dobres femininos e dobres mixtos) durante a súa carreira.

Wills foi a primeira muller deportista estadounidense que logrou unha celebridade global, trabando amizade coa realeza e con estrelas de cinema a pesar da súa preferencia por permanecer fóra dos focos. Foi admirada polo seu físico grácil e os seus movementos fluídos. Formou parte dunha nova moda do tenis, xogando con saias polo xeonllo en lugar das máis longas das súas predecesoras. Practicou contra varóns para perfeccionar a súa habilidade, e xogou un tenis incansable, desgastando as súas opoñentes con poder e precisión. En 1933 bateu o xogador estadounidense número oito nun partido de exhibición.

A súa marca de oito vitorias en Wimbledon non foi superado ata que en 1990 Martina Navratilova gañou nove. Díxose dela que foi "sen discusión a xogadora de tenis máis dominante do século XX", e foi chamada por algúns (incluídos Jack Kramer, Harry Hopman, Mercer Beasley, Don Budge e AP News) a mellor xogadora de tenis da historia.

Finais de Grand Slam Individuais: 22 (19 títulos, 3 finalistas) ResultadoAnoTorneoSuperficieOpoñenteMarcadorRef.Finalista1922 Aberto dos Estados Unidos Herba Molla Bjurstedt Mallory 3–6, 1–6Gañadora1923 Aberto dos Estados Unidos Herba Molla Bjurstedt Mallory 6–2, 6–1Finalista1924 Wimbledon Herba Kitty McKane 6–4, 4–6, 4–6Gañadora 1924 Aberto dos Estados Unidos (2) Herba Molla Bjurstedt Mallory 6–1, 6–3Gañadora 1925 Aberto dos Estados Unidos (3) Herba Kitty McKane 3–6, 6–0, 6–2Gañadora 1927 Wimbledon Herba Lilí Álvarez 6–2, 6–4Gañadora 1927 Aberto dos Estados Unidos (4) Herba Betty Nuthall 6–1, 6–4Gañadora 1928 Torneo de Roland Garros Terra Eileen Bennett 6–1, 6–2Gañadora 1928 Wimbledon (2) Herba Lilí Álvarez 6–2, 6–3Gañadora 1928 Aberto dos Estados Unidos (5) Herba Helen Jacobs 6–2, 6–1Gañadora 1929 Torneo de Roland Garros (2) Terra Simonne Mathieu 6–3, 6–4Gañadora 1929 Wimbledon (3) Herba Helen Jacobs 6–1, 6–2Gañadora 1929 Aberto dos Estados Unidos (6) Herba Phoebe Holcroft Watson 6–4, 6–2Gañadora 1930 Torneo de Roland Garros (3) Terra Helen Jacobs 6–2, 6–1Gañadora 1930 Wimbledon (4) Herba Elizabeth Ryan 6–2, 6–2Gañadora 1931 Aberto dos Estados Unidos (7) Herba Eileen Bennett Whittingstall 6–4, 6–1Gañadora 1932 Torneo de Roland Garros (4) Terra Simonne Mathieu 7–5, 6–1Gañadora 1932 Wimbledon (5) Herba Helen Jacobs 6–3, 6–1Gañadora 1933 Wimbledon (6) Herba Dorothy Round 6–4, 6–8, 6–3Finalista 1933 Aberto dos Estados Unidos Herba Helen Jacobs 6–8, 6–3, 0–3, retiredGañadora 1935 Wimbledon (7) Herba Helen Jacobs 6–3, 3–6, 7–5Gañadora 1938 Wimbledon (8) Herba Helen Jacobs 6–4, 6–0

Dobres: 10 (9 títulos, 1 finalista) ResultadoAnoTorneoSuperficieParellaOpoñentesMarcadorRef.Gañadora 1922 Aberto dos Estados Unidos Herba Marion Zinderstein Jessup Molla Bjurstedt Mallory Edith Sigourney 6–4, 7–9, 6–3 Gañadora 1924 Wimbledon Herba Hazel Hotchkiss Wightman Phyllis Howkins Covell Kitty McKane 6–4, 6–4 Gañadora 1924 Aberto dos Estados Unidos (2) Herba Hazel Hotchkiss Wightman Eleanor Goss Marion Zinderstein Jessup 6–4, 6–3 Gañadora 1925 Aberto dos Estados Unidos (3) Herba Mary Browne May Sutton Bundy Elizabeth Ryan 6–4, 6–3 Gañadora 1927 Wimbledon (2) Herba Elizabeth Ryan Bobbie Heine Irene Peacock 6–3, 6–2 Gañadora 1928 Aberto dos Estados Unidos (4) Herba Hazel Hotchkiss Wightman Edith Cross Anna McCune Harper 6–2, 6–2 Gañadora 1930 Torneo de Roland Garros Terra Elizabeth Ryan Simone Barbier Simonne Mathieu 6–3, 6–1 Gañadora 1930 Wimbledon (3) Herba Elizabeth Ryan Edith Cross Sarah Palfrey 6–2, 9–7 Gañadora 1932 Torneo de Roland Garros (2) Terra Elizabeth Ryan Eileen Bennett Whittingstall Betty Nuthall 6–1, 6–3 Finalista 1933 Aberto dos Estados Unidos Herba Elizabeth Ryan Freda James Betty Nuthall default

Dobres mixtos: 7 (3 títulos, 4 finalistas) ResultadoAnoTorneoSuperficieParellaOpoñentesMarcadorRef.Finalista1922 Aberto dos Estados Unidos Herba Howard Kinsey Mary Browne Bill Tilden 4–6, 3–6 Gañadora1924 Aberto dos Estados Unidos Herba Vincent Richards Molla Bjurstedt Mallory Bill Tilden 6–8, 7–5, 6–0 Finalista1928 Torneo de Roland Garros Terra Frank Hunter Eileen Bennett Henri Cochet 6–3, 3–6, 3–6 Gañadora1928 Aberto dos Estados Unidos (2) Herba John Hawkes Edith Cross Edgar Moon 6–1, 6–3 Finalista1929 Torneo de Roland Garros Terra Frank Hunter Eileen Bennett Henri Cochet 3–6, 2–6 Gañadora1929 Wimbledon Herba Frank Hunter Joan Fry Ian Collins 6–1, 6–4 Finalista1932 Torneo de Roland Garros Terra Sidney Wood Betty Nuthall Fred Perry 4–6, 2–6

Xogos olímpicos Individuais: 1 (1 medalla de ouro) ResultadoAnoCampionatoSuperficieOpeñenteMarcadorOuro1924 Xogos Olímpicos de París Herba Julie Vlasto 6–2, 6–2

Dobres: 1 (1 medalla de ouro) ResultadoAnoTorneoSuperficieParellaOpoñentesMarcadorOuro1924 Xogos Olímpicos de París Herba Hazel Wightman Phyllis Covell Kathleen McKane7–5, 8–6

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Helen Wills Neuroscience Institute 8/19/1923 article in NYT archive (pay) Marble bust of Helen Wills, with sculptor Haig Patigian. October 1928. Photograph in the Bancroft Library Portrait Collection. Bust donated to the M. H. de Young Memorial Museum by James D. Phelan in 1928. Helen Wills posing in her painting studio, Berkeley, 1929. Photograph in the Bancroft Library Portrait Collection. Helen Wills sitting in her living room. Photographer Peter Stackpole, for Life magazine, 1937. Helen Wills: Cal's Golden Tennis Champion

Categoría:Nados no condado de Alameda Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Tenistas femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en tenis Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Tenistas olímpicos dos Estados Unidos de América