Cándido Ramón Carrillo Cousillas, nado en Malpica de Bergantiños, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria esquerda|miniatura|Placa en homenaxe aos fuxidos por mar en Malpica.

Militante da CNT, foi elixido concelleiro de Malpica de Bergantiños nas eleccións do 31 de maio de 1931. Permaneceu como concelleiro durante todo o período republicano. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Malpica con outros republicanos en xuño de 1938 na evasión da motora San Adrián. Pasou a zona leal, traballou na CAMPSA en Barcelona e despois como mariñeiro en Port-Vendres. Regresou a Galicia en xullo de 1943. Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a 12 anos e 1 día de prisión.

Vida persoal

Casou con Regina Chouciño Blanco e foi pai de José e Cándido Carrillo Chouciño. Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas La gran odisea

Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Concelleiros de Malpica de Bergantiños Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes