Eric Ambrose Gordon Jr., nado o 25 de decembro de 1988 en Indianápolis, Indiana, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional Gordon foi seleccionado na 7ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Los Angeles Clippers. Ó remate da súa tempada coma rookie, Gordon foi incluído no segundo mellor equipo de rookies da tempada, e rematou en quinta posición na votación para o Rookie do Ano da NBA.
O 14 de decembro de 2011, os Clippers traspasaron a Gordon, Chris Kaman, Al-Farouq Aminu e unha elección da primeira rolda do Draft de 2012 ós New Orleans Hornets, a cambio de Chris Paul e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft. O 11 de xullo de 2012, Gordon asinou unha oferta dos Phoenix Suns por catro anos e 58 millóns de dólares. O 14 de xullo de 2012, os Hornets decidiron igualar a oferta e Gordon quedou en Nova Orleáns.
O 9 de xullo de 2016, Gordon asinou cos Houston Rockets.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Indianápolis, Indiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Estadounidenses de ascendencia bahamesa