Niceto San José Aguilera, nado en Soria en 1894 e finado en Oleiros o 24 de setembro de 1936, foi un fotógrafo e sindicalista galego.

Traxectoria Fotógrafo ambulante na Coruña, onde vivía coa súa compañeira Teresa Novelle Rodríguez. Militante comunista e secretario do sindicato de vendedores ambulantes da UGT. Foi detido en abril de 1934 por repartimento de follas clandestinas comunistas.La Voz de Galicia, 15-4-1934, p. 5. Volveu ser detido en xaneiro de 1936 con Tomás Baños Ordóñez, Luís Peña Pérez, Severino López López e José López Castiñeiras por resistencia e desacato aos axentes da autoridade trala suspensión dun mitin do PCE no que interveu Dolores Ibárruri.Causa instruída contra Tomás Baños Ordóñez, Luis Peña Pérez, Severino López López, Niceto San José Aguilera e José López Castiñeiras por resistencia e desacato aos axentes da autoridade trala suspensión dun mitin do Partido Comunista no que intervira Dolores Ibarruri "Pasionaria". Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado. O seu cadáver apareceu na praia de Bastiagueiro (Oleiros) o 24 de setembro de 1936.

Notas

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Soria Categoría:Finados en 1936