Sebastián Rodríguez Carranza, nado en Medina de Rioseco o 15 de xaneiro de 1885, foi un fotógrafo, xornalista e político español.

Traxectoria Militante do PSOE. Foi procesado por inxurias ao gobernador civil Manuel Ínsua Sánchez nun artigo publicado no semanario La Hora do 26 de decembro de 1931.El Pueblo Gallego, 30-12-1933, p. 10. En decembro de 1933 foi detido en Marín con Emilio Pardavila pola participación no movemento revolucionario.El Pueblo Gallego, 13-12-1933 p. 11. Nos anos finais da República era veciño de Guitiriz, onde era secretario da Sociedade de Artes e Oficios Varios.

Ao estalar a golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o día 24 e ingresou na prisión de Lugo, de onde pasou á prisión de Monforte de Lemos o 7 de marzo de 1937.Expediente procesual de Sebastián Rodríguez Carranza En outubro de 197 volveu ser trasladado á prisión de Lugo para o xuízo.Expediente procesual de Sebastián Rodríguez Carranza Acusado de adhesión á rebelión foi xulgado en consello de guerra en Lugo pola causa 139/37 o 22 de febreiro de 1938,El Progreso, 23-2-1938, p. 4. foi condenado a cadea perpetua. En marzo de 1939 foi trasladado á prisión das Palmas de Gran Canaria,Expediente procesual de Sebastián Rodríguez Carranza de onde saíu en liberdade condicional en xullo de 1942.BOE, 28-7-1942, p. 5538-5539.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista de Lugo

Ficha en Censo de Represaliados de la UGT

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Xornalistas de Castela e León Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Medina de Rioseco Categoría:Nados en 1885

Categoría:Finados en ano descoñecido