Artaxerxes III Oco (Artaxerxes Ochus) foi rei de reis do Imperio Aqueménida desde o ano 358 a. C. ata o 338 a. C.

Traxectoria Fillo e sucesor de Artaxerxes II, foi sucedido por Artaxerxes IV Arsés. Pouco despois de asumir o trono, matou a moitos dos seus parentes para protexer a Persia de posíbeis guerras civís. En 343 a. C. Artaxerxes III derrotou a Nectanebo II de Exipto, e fixo que o país volvese ser unha satrapía persa.

Artaxerxes foi asasinado polo seu visir, Bagoas.miniatura|Artaxerxes III como faraón exipcio nunha moeda aqueménida|centro

Categoría:Dinastía aqueménida Categoría:Trixésimo primeira dinastía de Exipto