A Unión del Pueblo Navarro (UPN) (en éuscaro Nafar Herriaren Batasuna) é un partido rexionalista situado á dereita do arco político. É o aliado do PP en Navarra xa que dende 1982 concorren conxuntamente ás eleccións. Ten uns 7.000 afiliados.
Historia Este partido político de ideoloxía conservadora fundouse o 3 de xaneiro de 1979 por Jesús Aizpún Tuero, José Ángel Zubiaur Alegre, María Isabel Berian Luri, Ignacio Javier Gómara Granada, Ramón Echeverría Burce, Feliciano Aramendía Echenique e José Javier Chourraut Burguete. Dous meses despois celebráronse as Eleccións Xerais de 1979, eleccións nas que obtivo 28.248 votos (un 0,16%) e un escano no Parlamento, ocupado por Jesús Aizpún Tuero. Un mes despois, nas eleccións forais acadaron 40.764 votos e 13 escanos (de 70) e 3 alcaldes e 46 concelleiros.
O ideario de UPN autodefínese como navarrismo (se ben este termo só fai referencia á Navarra española e non á francesa) e caracterízase pola súa radical oposición á incorporación da parte de Navarra que actualmente pertence ó estado español á Comunidade Autónoma Vasca.
En 1983 coa desaparición de UCD ingresan dúas terceiras partes dos órganos directivos deste partido en UPN. En 1987 obtén a alcaldía de Pamplona por primeira vez. En 1991 firma un pacto de colaboración institucional co Partido Popular.
En 1995 o ata entón presidente do partido Juan Cruz Alli Aranguren abandona o partido e crea un propio co que forma o tripartito PSN-CDN-EA que conta co apoio de Esquerda Unida e logra formar Goberno, aínda que ó ano seguinte, Javier Otano Cid, presidente socialista, se ve involucrado no caso Urralburu e Miguel Sanz é investido presidente.
Dende entón, a UPN preséntase ás eleccións xerais e forais coligado co Partido Popular sendo sempre esta coalición o partido ou coalición máis votado.
Dende hai anos manifestaron intencións de querer modificar a Constitución para derrogar a disposición número 4 relativa a unha posible unificación co País Vasco.
O 22 de outubro de 2008 o PP anunciou que se suspendía o pacto de colaboración institucional de ambos partidos, alegando que a dirección de UPN defendía a abstención na votación dos Orzamentos Xerais do Estado de 2009, cando o PP pretendía votar en contra da súa aprobación. Nesta votación un dos deputados de UPN, Carlos Salvador, seguiu as directrices acordadas por UPN, absténdose; mentres que o outro, Santiago Cervera, votou en contra, seguindo as consignas do grupo parlamentario popular no que ambos estaban adscritos.
O 28 de outubro de 2008, o Partido Popular anuncia a ruptura do pacto de 1991 que unían a UPN e PP, e os populares anuncian a súa intención de refunda-lo partido en Navarra.
Resultados electorais Ano Votos porcentaxe escanos 1979 28.248 11,17% 1 1982 76.255 25,59% 2 (UPN-AP-PDP) 1986 80.922 29,63% 2 (AP-PL-UPN) 1989 92.216 33,18% 3 (UPN-PP) 1993 112.228 36,13% 3 (UPN-PP) 1996 120.335 37,12% 2 (UPN-PP) 2000 150.995 49,89% 3 (UPN-PP) 2004 127.653 37,60% 2 (UPN-PP) 2008 131.618 39,29% 2 (UPN-PP)
Presidentes D. Javier Gómara 1979-? D. Jesús Aizpún Tuero ?-1997 D. Miguel Sanz Sesma 1997-actualidade
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Oficial da Unión do Pobo Navarro
Categoría:Partidos políticos de Navarra