Manuel Paleólogo (en grego: Μανουήλ Παλαιολόγος), nado en 1455 e finado en 1512, foi o fillo máis novo de Tomé Paleólogo e Caterina Zaccaria. Tamén era irmán de André Paleólogo, emperador titular bizantino, de Zoe Paleóloga, gran duquesa de Moscova, e de Helena Paleóloga, muller do déspota Lazar Branković de Serbia. Así mesmo, era sobriño dos emperadores Xoán VIII Paleólogo e Constantino XI.

Traxectoria Manuel naceu tras a Caída de Constantinopla, e pasou a súa infancia en Morea (actual Peloponeso), ata que esta foi invadida polos otománs en 1460, e a súa familia fuxiu primeiro a Corfú, e logo a Roma, onde o Papado recoñeceu ao seu pai como emperador bizantino. Algunhas fontes afirman que á morte do seu pai, os seus fillos foron postos baixo a custodia do afamado humanista Basilio Besarión.

Pouco se coñece sobre a súa vida, fóra de que durante o reinado do sultán Beyazid II (1481-1512) regresou a Constantinopla, onde intercambiou os seus dereitos ao trono bizantino por unha xenerosa pensión. Pasou o resto da súa vida en Constantinopla, vivindo unha vida de luxos e praceres. Segundo parece, tivo dous fillos: o enigmático Ionannes (Xoán) e Andreas, ambos os froitos posibelmente dunha escrava ao seu servizo. Afírmase que se converteu ao islam e que mesmo serviu na armada do sultán.

Morreu en 1512.

Na ficción Manuel Paleólogo aparece no videoxogo Assassin's Creed: Revelations apoiando aos templarios.

Devanceiros

Categoría:Dinastía Paleólogo Categoría:Nados en 1455 Categoría:Finados en 1512