A farmacoloxía é unha área da química farmacéutica que estuda como afectan certas substancias químicas ó funcionamento celular no organismo. Ramas da farmacoloxía Farmacocinética: o estudo dos procesos físico-químicos que sofre un fármaco cando se administra ou incorpora a un organismo. Estes procesos serían liberación, absorción, distribución, metabolización e eliminación. Farmacodinámica: ciencia que estuda o mecanismo de acción dos fármacos, é dicir estuda como os procesos bioquímicos e fisiolóxicos dentro do organismo ven afectados pola presenza do fármaco. Biofarmacia: o estudo da biodisponibilidade dos fármacos. Farmacognosia: estudo de plantas medicinais e drogas que delas derívanse. Química farmacéutica: estuda os fármacos desde o punto de vista químico, o que comprende o descubrimento, o deseño, a identificación e preparación de compostos biolóxicamente activos, a interpretación do seu modo de interacción a nivel molecular, a construción da súa relación estrutura-actividade e o estudo do seu metabolismo. Farmacia galénica ou Farmacotecnia: rama encomendada á formulación de fármacos como medicamentos. Posoloxía: o estudo da dosificación dos fármacos. Toxicoloxía: o estudo dos efectos nocivos ou tóxicos dos fármacos. Farmacoloxía clínica: avalía a eficacia e a seguridade da terapéutica por fármacos. Farmacovixilancia: é unha disciplina que permite a vixilancia despois da comercialización dos medicamentos a fin de detectar, previr e notificar reaccións adversas en grupos de pacientes. Cronofarmacoloxía: O estudo da correcta administración de medicamentos conforme ao ciclo circadiano do ser humano, isto co fin de maximizar a eficacia e diminuír os efectos colaterais.miniatura|Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela da Universidade de Santiago de Compostela.|centro

Categoría:Farmacoloxía