Miguel Rio Branco, nado nas Palmas de Gran Canaria o 11 de decembro de 1946, é un artista multidisciplinar e fotógrafo brasileiro, correspondente da axencia Magnum Photos dende 1978.

Traxectoria En 1966 comezou estudos no Instituto de Fotografía de Nova York e en 1968 na Escola Superior de Deseño Industrial de Río de Xaneiro. O seu primeiro éxito profesional acadouno no ano 1972, grazas a unha reportaxe sobre a prostitución no Salvador. Comezou a colaborar coa axencia Magnum Photos en 1980 e en 1982 converteuse en correspondente, mais non chegou a ser membro da mesma.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web oficial Miguel Rio Branco na páxina web de Magnum Photos

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Fotógrafos do Brasil Categoría:Fotógrafos de Magnum Photos Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria