Trazo de xiz é unha historieta serial de Miguelanxo Prado.

Traxectoria editorial miniatura|M. Prado cun exemplar de Trazo de xiz, durante unha entrevista no 2012. Foi publicada paralelamente na revista Cimoc co nome de Trazo de tiza e na revista À Suivre co nome de Trait de craie en 1992. Máis adiante, en 1993, sería publicada en álbum por Norma Editorial, que levaría a cabo no 2012 unha reedición mellorada e con material adicional.

No 1994, Trazo de xiz obtivo o premio á mellor obra de autor español no Salón do Cómic de Barcelona e á mellor historieta estranxeira na edición de 1994 do Festival de Angulema.

Trazo de Xiz foi publicada por Glénat en catalán (Traç de Guix) no 2008, e por El Patito Editorial en galego (Trazo de Xiz) no 2012.

Argumento Trazo de xiz é unha historia onde aparentemente nada pasa. É a historia dun mariño que chega a unha pequena illa case abandonada onde só hai un faro que non funciona e unha pensión onde habitan tres acodes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Na páxina de Miguelanxo Prado

Categoría:Obras de banda deseñada