Un dicionario electrónico é un repertorio lexicográfico (véxase dicionario) accesible mediante a Internet. Segundo os criterios utilizados poden incluír maior ou menor información lingüística, existindo desde simples listaxes de palabras, a dicionarios con explicitación da categoría gramatical, inclusión da definición, repertorio fraseolóxico, organizados terminoloxicamente (como unha nomenclatura botánica ou zoolóxica como a Wikiespecies) ou con nomes propios.

Entre as utilidades coas que contan están: Suxestión de formas semellantes á buscada (normalmente propostas cando non aparece no repertorio); Vencellos con sinónimos, antónimos e onomasiolóxicos; Vencellos dende as propias palabras da definición; Flexionador (de xénero, número e caso para substantivos e adxectivos ou conxugación de tempo verbal, modo verbal, aspecto ou voz para verbos); Con interpretación das formas flexionadas preguntadas; Editable polos usuarios (coma o Galizionario);

Véxase tamén Outros artigos Dicionario Dicionario bilingüe

Ligazóns externas Entre os doutras moitas existentes, velaí unha listaxe dos dicionarios cos que contan as linguas máis achegadas ó galego: Galego: Dicionario da RAG de 2003 ou o Estraviz da AGAL (125 mil entradas); o VOLG da RAG pódese consultar actualizado nesta páxina ; Caso especial para o galego é o Dicionario de galego de Ir Indo Edicións (ISBN 84-7680-504-7), con 65.914 entradas e aberto en versión beta á rede oficialmente o 23 de abril de 2008 (día de san Xurxo) e reformado o 16 de maio (véspera do día das letras galegas) cruzado con aparentemente todos (en número indeterminado pero elevado) os equivalentes en portugués, inglés e castelán da Enciclopedia Galega Universal (ISBN 84-7680-288-9). O 20 de outubro de 2010 pasou a ser de pago. Portugués: Dicionario Priberam da lingua de Portugal e de Cabo Verde ou o de Porto Editora ; : Dicionário Houaiss da Lingua Portuguesa (brasileiro, 186.598 entradas) Asturiano: Diccionario General de la Lengua Asturiana de Xosé Lluis García Arias; Castelán: Diccionario de lingua da RAE, tamén co Escolar e o Panhispánico de dúbidas; a enorme listaxe de repertorios lexicográficos do doutor José Luis de Pando Villarroya (aínda que non todos funcionan); Vasco: dicionario da Euskaltzaindia, a Academia da lingua vasca; dicionario Elhuyar hiztegia, bilingüe es-eu Catalán: Diccionari de l'Enciclopèdia Catalana ; Inglés: Cambridge (con fonoloxía), Encyclopaedia Britannica, Merrian-Webster, Wordreference e Webster's; Francés: Collins, dicionario da Académie Française e o Trésor; Italiano: Dicionario italiano-galego, unidireccional (en PDF) Alemán (específico) ou italiano (ademais de tódalas linguas anteriores): Moitos dicionarios cun límite mensual de consultas;

Bilingüe Wordreference bilingüe ; Bilingüe galego Galego-inglés e viceversa, do SLI Multilingüe galego Escola oficial de idiomas de Santiago de Compostela; Galizionario, dentro do proxecto wikimedia; Terminolóxicos Eurodicautom, multilingüe europeo, na actualidade baleirado no IATE (Inter-Active Terminology for Europe, ou Inter-Agency Terminology Exchange) Tergal de Termigal Dicionario terminolóxico francés-inglés, do Canadá Termcerca do Termcat, Servizo terminolóxico de Cataluña

Categoría:Dicionarios Categoría:Internet