O golfo de Suez (en árabe: خليج السويس; Árabe transliterado: Khalyj as-Suways, anteriormente , , "Mar da calma") é un golfo no extremo norte do Mar Vermello, ao oeste da Península do Sinaí. Situado ao leste da península do Sinaí está o máis pequeno Golfo de Aqaba. O golfo formouse dentro dun relativamente novo pero agora inactivo rift do Golfo de Suez, que data de fai 26 millóns de anos.http://geoinfo.amu.edu.pl/wpk/geos/GEO_2/GEO_PLATE_T-37.HTML Detailed geological information on the Gulf Esténdese por 300 km de norte a noroeste, terminando na cidade exipcia de Suez e na entrada ao Canle de Suez. Ao longo da liña media do golfo atópase a fronteira entre África e Asia. A entrada do golfo atópase encima do xacemento petrolífero e de gas de Gemsa.
Xeografía O golfo ocupa o brazo noroeste do Mar Vermello entre África e a península do Sinaí. É o terceiro brazo do sistema da Tripla unión tectónica, o segundo brazo é o Golfo de Aqaba.
A lonxitude do golfo, desde a súa boca no Estreito de Gubal (nome alternativo: Estreito de Xubal). á súa cabeceira na cidade de Suez, é de 314 km., e varía de ancho de 19 a 32 km..
Extensión A Organización Hidrográfica Internacional define o límite meridional do Golfo como "Unha liña que vai desde Ras Muhammed (27°43'N) ata o punto sur da illa Shadwan (34° 02'E) e desde alí cara ao oeste en paralelo (27° 27'N) á costa de África".
Xeoloxía
O xacemento Gemsa descubríuse en 1869, pero non se explotou ata 1910. O campo de Hurghada comezou a explotarse en 1913. En 1998, máis de 1900 pozos foran perforados e se identificaron 120 xacementos.
Atópanse tres grandes campos de petróleo no golfo: o xacemento petrolífero de Morgan descuberto en 1964, o xacemento de petróleo de Belayim descuberto en 1955 e o October Field descuberto en 1977.Lelek, J.J., Shepherd, D.B., Stone, D.M., and Abdine, A.S., 1992, October Field, In Giant Oil and Gas Fields of the Decade, 1978-1988, AAPG Memoir 54, Halbouty, M.T., editor, Tulsa: American Association of Petroleum Geologists, .
Véxase tamén
Categoría:Mar Vermello Categoría:Mares do Océano Índico