María Angeles Salgueiro Corujo, nada en Lugo en 1932 e finada na mesma cidade o 2 de xuño de 2015,Falece Ángeles Salgueiro, a primeira deputada provincial de Lugo foi unha mestra e política galega.

Traxectoria Estudou o bacharelato nas Xosefinas. Mestra nacional con 19 anos e un ano despois foi destinada ao Saviñao. Dende 1955 exerceu como mestra nas Nogais. Foi nomeada alcaldesa das Nogais polo Gobernador civil en 1973, permanecendo no cargo até 1979. Foi directora do Colexio Público das Nogais até 1988. Despois foi directora do Colexio Público Illa Verde de Lugo. Foi deputada provincial dende 1979 até 1983.

Vida persoal

Casou con Alfonso López Soaz. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas «Por deber, a Franco no le debo ni una beca, que nunca me la concedieron», en La Voz de Galicia, 13-3-2010.

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes das Nogais Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes