miniatura|280x280px|Rañaceos do parque empresarial CTBA en Madrid.|alt= Os rañaceos (en singular e plural) son edificios dotados dunha altura singular fronte aos demais e dunha forma xeral presentando formatos de torre. Estes edificios normalmente posúen carácter multifuncional, sendo capaces de abrigar establecementos residenciais, comerciais, de servizos, entre outros. A súa presenza no espazo urbano, cando destacada por enriba da altura media dos demais edificios, constitúese en xeral como unha referencia ou marco para a cidade, aínda que tamén poida xerar problemas varios ligados á mobilidade urbana, consumo de enerxía e seguridade.

Historia miniatura|320x320px|O Home Insurance Building, deseñado por William Le Baron Jenney, está considerado como o primeiro rañaceos do mundo. Ao longo da historia da arquitectura, con excepción de monumentos como obeliscos e columnas, encóntranse poucos edificios dotados de grande altitude. Normalmente, os poucos exemplares eran as torres, as cales posuían algún tipo de significado relixioso (como as torres de templos católicos) ou militar. Até o período da Revolución Industrial, os edificios de uso cotián raramente posuían múltiples andares.

Até mediados do século XIX, a altura máxima encontrada nas grandes cidades era duns cinco andares, pola dificultade de subir reiteradamente até andares altos. Por outro lado, a construción de edificios altos demandaba sistemas construtivos e tecnolóxicos avanzados. Como a maior parte das edificacións eran construídas en cachotería, canto maior a altitude, maiores as espesuras necesarias para as súas paredes portantes, sexa para soportar os andares superiores ou para resistir aos esforzos do vento. De aí que, avances construtivos que tornaban as paredes independentes dos elementos estruturais do edificio, como o formigón armado e a estrutura en ferro (e máis tarde en aceiro) xa posibilitaban a construción de edificios altos, aínda así, era maior e estes sistemas dunha forma xeral eran caros.

En 1852, a invención do ascensor por Elijah Otis eliminou o primeiro impedimento. O segundo problema foi resolto a partir da popularización dos sistemas construtivos avanzados: a prefabricación de elementos construtivos en aceiro nos países industrializados pasou a ser relativamente común. Así, en 1885 foi construído en Chicago o que está considerado como o primeiro rañaceos, o Home Insurance Building, deseñado por William Le Baron Jenney.

Na década de 1920, unha conxunción de factores — novas técnicas de construción, materiais máis resistentes e a invención dos ascensores — deu lugar aos rañaceos. A novidade cambiou as formas de consumo, de facer comercio e, principalmente, da morada dos habitantes das metrópoles. Cabe notar tamén que a produción arquitectónica ligada á Escola de Chicago, influenciada e esixida polas necesidades do capitalismo naquela cidade, e a arquitectos como Louis Sullivan posuíu tamén un papel de difundir as novas tipoloxías urbanas entre outras cidades no mundo. O rañaceos pasaría a caracterizarse como símbolo do progreso industrial nas grandes cidades do mundo desenvolvido: a cidade de Nova York viviu nas dúas décadas seguintes unha carreira entre emprendedores en busca da construción do edificio máis alto. Como froito deste fenómeno, xurdiron edificios que hoxe son considerados símbolos daquela cidade, como o Empire State Building, o Chrysler Building e máis tarde o Rockfeller Center.

Os vinte rañaceos máis altos do mundo Os edificios en letra grosa foron os máis altos do mundo no momento da súa construción. PostoImaxeEdificioCidadePaísAlturaAndaresAno de construción1100x100pxBurj KhalifaDubai828 m16320102133x133pxShanghai TowerShanghai632 m12820153100x100pxAbraj Al-Bait Clock TowerA Meca601 m12020124133x133pxPing An Finance CentreShenzhen599 m11520175senmarco|100x100pxGoldin Finance 117Tianjin596.6 m12820196Lotte World TowerSeúl554.5 m12320167150x150pxOne World Trade CenterNova York541.3 m10420148178x178pxGuangzhou CTF Finance CentreCantón530 m1112016233x233pxTianjin CTF Finance CentreTianjin530 m98201710151x151pxChina ZunPequín528 m108201811211x211pxTaipei 101Taipei508 m101200412157x157pxShanghai World Financial CenterShanghai492 m101200813133x133pxInternational Commerce CentreHong Kong484 m118201014Wuhan Greenland CenterWuhan475.697201915146x146pxCentral Park TowerNova York472131201916128x128pxLakhta CenterSan Petesburgo462 m86201817177x177pxLandmark 81Cidade Ho Chi Minh461.2 m81201818133x133pxChangsha IFS Tower T1Changsha452.1 m88201719100x100pxPetronas Tower 1Kuala Lumpur451.9 m881998Petronas Tower 220154x154pxZifeng TowerNanjing450 m892010150x150pxSuzhou IFSSuzhou450 m922017

Rañaceos por localización

Lista de rañaceos en Barcelona Lista de rañaceos en Benidorm Lista de rañaceos en Galiza Lista de rañaceos en Madrid Lista de rañaceos en Nova York

Notas