Kevin Michael Rudd, nado en Nambour, Queensland o 21 de setembro de 1957, foi o Primeiro Ministro de Australia e líder do Partido Laborista dende o 27 de xuño até o 18 de setembro de 2013. Ocupou devanditos cargos entre 2006 e 2010.
Dende 1998 até 2013, foi membro da Cámara de Representantes de Australia pola circunscrición de Griffith. O premier australiano abandonou a súa carreira como diplomático para abrirse camiño na política, e converteuse en líder do Partido Laborista en decembro de 2006. esquerda|miniatura|190x190px|Sr. Kevin Rudd coa Senadora Hillary Clinton (marzo de 2008)
Lexislatura O 3 de decembro de 2007, inmediatamente despois de tomar posesión do cargo, o Primeiro Ministro Rudd asinou o instrumento de ratificación do protocolo de Kyoto contra o cambio climático, cumprindo así unha das súas principais promesas electorais.Rudd ratifica Protocolo Kioto tras jurar como primer ministro australiano en terra.es
Máis tarde en xaneiro de 2008, expuxo ós Estados Unidos o plan de retirar as tropas de combate de Iraq a mediados de ano con «o menor trastorno posible» da denominada Guerra de Iraq.
O 24 de xuño de 2010 foi substituído pola súa correlixionaria, a vice primeira ministra Julia Gillard, tras perder o apoio do Partido Laborista. Cargo que volve ocupar o 27 de xuño de 2013, sucedéndoa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía por Fundación CIDOB
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Políticos de Australia Categoría:Primeiros ministros de Australia Categoría:Personalidades do protestantismo de Australia