O home de Laramie (en ) é unha película do oeste dirixida por Anthony Mann e protagonizada por James Stewart. Tamén foi a primeira película filmada en cinemascope.
Sinopse Will Lockhart (James Stewart) é un misterioso vaqueiro que chega a Coronado, unha pequena vila de Novo México, coa única obsesión de atopar a persoa que lle vendeu uns rifles ós apaches que causaron a morte do seu irmán. Alí coñecerá ó cacique local, un vello cego chamado Alec Waggoman (Donald Crisp), ó seu desapiadado fillo Dave (Alex Nicol) e ó seu fillo adoptivo Vic Hansbro (Arthur Kennedy). A sede de vinganza de Will o levará a un enfrontamento co clan, especialmente con Dave, quen a piques está de causarlle a morte.
Inspirada na obra de William Shakespeare O rei Lear, James Stewart dá vida a un heroe débil e vítima das súas obsesións, moi lonxe do arquetipo de vaqueiro representado por exemplo por John Wayne ou Clint Eastwood. Amais, Mann saca proveito das vantaxes do cinemascope para salientar a violencia e dor das personaxes a través da paisaxe deserta e árida de Novo México.
Elenco de actores James Stewart: Will Lockhart. Donald Crisp: Alec Waggoman. Alex Nicol: Dave Waggoman. Arthur Kennedy: Vic Hansbro. Cathy O'Donell: Barbara Waggoman. Aline MacMahon: Kate Canady. Wallace Ford: Charley O'Leary.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Anthony Mann Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de 1955 Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes de 1955 con versión en galego