, nada ca. 825 e finada ca. 900, foi unha poeta xaponesa que se distinguiu no xénero waka, sendo considerada un dos seis mellores poetas deste xénero: os rokkasen, durante o período Heian. A súa beleza tornouse proverbial e é mesmo un dos símbolos da beleza feminina no Xapón.Digital Daijisen entry "komachi". Shogakukan.

Traxectoria Case non se coñece nada da vida de Komachi, agás os nomes de varios homes cos que mantivo relacións románticas e cuxos intercambios poéticos con ela se conservan no Kokin Wakashū. Probablemente naceu entre 820 e 830, e foi máis activa na composición de poesía a mediados do século IX.

Realizáronse estudos exhaustivos para tentar determinar o seu lugar de nacemento ou a súa familia, pero sen resultados concluíntes.

Como poetisa, especializouse en temas amorosos. A maior parte dos seus waka refírense á ansiedade, a soidade ou amor apaixonado. É a única muller referida no prefacio do Kokinshu, que describe o seu estilo como "contendo a inxenuidade propia do estilo antigo mais, tamén, delicadeza".

Existen varias lendas respecto ás paixóns de Komachi, sendo a máis famosa a que a relaciona con Fukakusa no Shosho, un importante cortesán. Komachi teríalle prometido que se a visitaba cen noites consecutivas, sería a súa amante. Fukakusa no Shosho visitouna todas esas noites mais fallou unha vez. Por mor da desesperanza, o cortesán adoeceu e morreu. Komachi ficaría profundamente trastornada coa súa responsabilidade no caso.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Katagiri Yōichi 2009 (2nd ed.; 1st ed. 2005). Kokin Wakashū. Tokyo: Kasama Shoin.

Categoría:Nados en 825 Categoría:Poetas do Xapón Categoría:Finados en 900